Monthly ArchiveFebreiro 2008
Caixón de xastre 29 Feb 2008 10:00 am
Unha frase e unha reflexión.
[ En el mundo actual se está invirtiendo cinco veces más en medicamentos para la virilidad masculina y en silicona para las mujeres, que en la cura del Alzheimer, de aqui a unos años tendremos viejas de tetas grandes y ancianos con pene duro, pero ninguno de ellos se acordará para qué sirven... ]
-por xentileza de Maruxa-
chuzame -
Fotografía & Internet 27 Feb 2008 08:00 am
Publican unha das miñas fotos nunha web sobre a bandeira galega.

Hoxe mesmo Anxo, o administrador da web www.bandeiragalega.com, avisábame nun mail que acababa de publicar unha foto miña da que falaramos hai un tempo, concretamente unha que fixen o pasado dia 25 de Xullo -dia da Pátria Galega- na casa dos meus avós maternos, na aldea de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa). A foto que tedes aquí, podédela ollar nun apartado da web chamado "Unha iniciativa pola bandeira galega", lugar reservado a publica-las fotos que lles envian de bandeiras galegas en calqueira recuncho do mundo, a miña foto en cuestión recolle a instantánea dunha bandeira galega e do trisquel calado de Castromao, unha auténtica marabilla de pedra feita a man e dunha soa peza polo meu curmán Moncho, un namorado da pedra e tamén da historia de Galiza.
Pois iso, non vaiades pensar que isto é unha sorte de "spam" e que estou a facer publicidade desa web, somentes queria mostrarvo-la miña foto publicada alí, feito éste que me fixo moita ilusión e claro está, habia que agradecerllo ao webmaster dalgunha maneira, polo tanto que mellor feito que facelo público aqui e recomendarvo-la súa páxina na que nos falan da nosa historia e das orixes das diversas bandeiras galegas.
Por certo, precisamente hoxe é o meu cumpreanos e coido que éste é un magnífico agasallo, graciñas Anxo.
chuzame -
Actualidade 25 Feb 2008 08:00 am
“Xantar da mocidade” organizado polo B.N.G. de Pontevedra.
Supoño que todos e todas estaredes ao tanto de que a campaña electoral xa comezou, o dia 9 de marzal teremos que exerce-lo noso dereito democrático ao sufraxio e decidir con iso o futuro governo de España ou do Estado Español, que ninguén se me moleste. Pois ben , a campaña por suposto tamén comezou na nosa cidade, e se a pasada semana foi o debate entre os tres principais candidatos ao congreso pola provincia de Pontevedra, hoxe tráiovos a información seguinte facilitada por Maruxa, amiga e responsábel local de Galiza Nova en Poio.

O vindeiro dia 1 de marzal ás 14:30 horas, terá lugar un xantar de balde coa mocidade pontevedresa organizado polo Bloque Nacionalista Galego na finca Batacos (Restaurante Mochi) situada na parroquia de Vilaboa, a poucos quilómetros de Pontevedra, nel estarán presentes entre outros a candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, Iria Aboi e Anxo Quintana, tamén me comenta que como queren ante todo seguridade na estrada, a organización terá dispostos uns autobuses tamén de balde para desprazarse. Todo aquel que queira apuntarse ao xantar ou ben informarse polo miúdo pode chamar ao teléfono da sede do B.N.G. de Pontevedra, o 986-866205.
chuzame -
O mundo da cervexa 22 Feb 2008 04:00 pm
“A casa dos druidas”, folc e cervexa moi perto de Pontevedra.
Se sodes de Pontevedra ou arredores ben seguro que a coñeceredes, trátase dunha casa de pedra restaurada e reconvertida nunha taberna galega, está situada no lugar de Acuña, no veciño concello de Vilaboa (do Morrazo) e chámase A casa dos druidas. Hai xa un tempo que non paso por ali tanto como quixera, lémbrome de Manolo, dono do local e bo coñecedor do panorama folc tanto galego coma do resto das nacións da Celtia, moitas conversas temos tido os dous falando dos Tannahill Weavers, dos Wolfstone ou de Milladoiro, namentres degustaba algunha das moitas cervexas que nos ofrecia, lembro que era todo un mestre en tira-la Guinness de barril, segundo me contara él, fora a un cursiño que a propia marca impartira para hosteleiros, e como boa mostra do aprendido, sempre remataba a "pinta" facendo o debuxo dun trebol irlandés por riba da escuma, nun alarde de bo pulso. A casa consta de dous andares nos que podes desfrutar da música tomando calqueira cervexa de importación e charlando cós amigos, lémbrome daquela famosa estáncia chamada "sa ceive de fume", daquela inda non existia a lei anti-tabaco. En ocasións os fins de semana hai música en vivo e aquilo convértese nunha auténtica festa, festa coma a da noite dos calacús que se celebra no Samahin e xa ten sona en toda a bisbarra. Normalmente tamén adoitan a expor artesania ou pintura artistas locais, tanto no interior da casa coma na parte de fóra, onde nos xardins tamén se pode tomar algo no verán.
Dende "A ponte vella" queremos recomendarvos este local, se un fin de semana queredes desfrutar dalgo novo, probade a pasarvos por esta casa onde parece que se para o tempo, tomádevos unha Guinness, unha Estrella ou calqueira cervexa de importación, tampouco deixedes de proba-lo "licor druídico". So destacar unha pega do local, repito, hai tempo que non vou por alí, pero de aquela tiñan todo tipo de bebidas pero non cociña, unhas tapas foi algo que sempre botei en falla, se vos pasades e cambiou o "conto" non deixedes de avisarme.
chuzame -
Cinema e televisión 20 Feb 2008 02:00 pm
Trailer de “The happening”, a nova película de M. Night Shyamalan.
Hai xa un par de dias que está colgado no portal de Youtube, fálovos do trailer da última película do director indio M. Night Shyamalan, un dos meus cineastas preferidos do xénero fantástico. Haberá cousa dun par de meses que vos falei nesta entrada de que a rodaxe da película estaba case rematada, agora xa podedes ve-lo trailer e a verdade, polo que se pode ver nuns escasos dous minutos non defrauda, máis intriga e efectos especias nun guión inquietante ao que xa nos tiña acostumados Shyamalan dende os seus anteriores filmes, síntoo pero os diálogos están en inglés, non o atopei noutro idioma. Polo que se pode ver nos rótulos, a súa estrea está prevista para o dia 13 de Xuño, non sei se nos U.S.A. ou tamén en Europa, estaremos atentos ás pantallas, mentres desfrutade deste avanzo para ir abrindo boca.
chuzame -
Actualidade 18 Feb 2008 08:00 am
Galicia bilingüe, ¿defensa do castelán ou ataque ao galego?
Segundo a información que puiden atopar en internet, a asociación "Galicia Bilingüe" naceu o pasado mes de Xullo na cidade de Vigo, parecer ser que dun manifesto chamado "tan gallego como el gallego" có cal estiveron recollendo sinaturas para presentalas na Conselleria de Educación. Segundo teño entendido, o ideario desta asociación é o de promover a igualdade entre ámbolos dous idiomas oficias na Galiza, aboga por defende-los dereitos tanto da xente castellano-parlante como dos galego-falantes, están en contra do decreto de galeguización da ensinanza aprobado pola Xunta de Galiza o pasado mes de Xuño, din ser unha iniciativa cidadá na que se intengran dende mestres descontentos polo que eles dan por chamar, a "imposición do galego", até pais de alumnos tamén descontentos polo feito de que lle ensinen "demasiadas" asignaturas en galego aos seus fillos.
Unha vez feita a presentación, eu preguntome quén é realmente esta xente e se o idioma castelán precisa deles, ¿será verdade que este idioma estará nun futuro arrinconado e en perigo como eles vaticinan nos seus manifestos apocalípticos?, pregúntome o porqué de sair agora á palestra, agora e non hai 40 ou 50 anos cando o idioma galego era perseguido, cando os galego-falantes non tiñan ningún tipo de dereito, daquela si que precisaba a sociedade galega deles, precisaba que se defendera un galego asoballado, que traballaran para conquerir un idioma en igualdade de condicións có castelán, daquela o galego existia, pero non de portas para afora das
casas, daquela non habia ese fifty-fifty polo que eles abogan. Estes dias están a percorre-las vilas e cidades galegas cun autobús, facendo "concentracións" e tentando de explicarlle á xente o seu punto de vista, para min unha visión sesgada da realidade, falan de imposición do galego sobre o castelán e a min paréceme que non vivimo-la mesma realidade social, que non estamos a viver no mesmo sitio, na web de Galicia Bilingüe -que na súa práctica totalidade está en castelán-, non respectan a toponimia oficial galega e o bilingüismo non aparece por ningures, apenas no texto de benvida e se cadra nalgún manifesto máis, iso si, cando probei a entar no seu foro de debate, sinceiramente cheguei a dubidar se estaba nun foro de língua ou de política á vista dos comentarios ali verquidos por algúns dos usuarios, claros expoñentes da dereita máis rancia e casposa, que atacaban sen miramentos a calqueira que non pensara coma eles e quixera debater.
E xa rematando, gustaríame saber se traballan por unha causa "noble" (sic) ao seu modo de ver, ou detrás deles hai agochados intereses políticos, posto que atacan ao governo galego, atacan ás galescolas, atacan á "Mesa pola normalización lingüistica" e ate acusan ao Bloque Nacionalista Galego de estar "batasunizando" Galiza, vamos, que non deixan títere con cabeza, e por se isto fora pouco, atrévense a dicir a seguinte frase lapidaria;
[.. no estamos en contra del gallego, para nada, nosotros también lo hablamos...]
En resumo, que o galego está moi ben pero alá na aldea, en canto se lle quere dar un "status" digno e de igualdade có outro idioma co-oficial, botámonos as mans á cabeza e falamos de imposicións e de sectarismo.
Editado o 20/02/2008: hoxe mesmo colgouse un video no youtube que fala do tema e que podedes ver aquí, tamén o mesmo dia 20/02/2008, Galicia Bilingüe organizou un acto na cidade de Vigo, aquí tede-la crónica dunha asistente.
chuzame -
Música 16 Feb 2008 11:00 am
“Rage against the machine” tocarán este verano en Lisboa.
Será concretamente el fin de semana del 10 al 12 de Julio en Lisboa, el festival se llama Optimus Alive! 08 y como podeis ver en el cartel, estarán los RATM con Zack de la Rocha, Tom Morello y compañia, mítico grupo que a muchos de nosotros nos marcó una etapa de nuestras vidas, su primer disco lo guardo como oro en paño, me acuerdo de grandes canciones como "Killing in the name", "Bombtrack" o la fantástica "Bulls on parade", ésta ya de su segundo disco. Hace 16 años nada más y nada menos que sacaban su disco homónimo al mercado, una mezcla de hip-hop y metal que revolucionó el concepto de la música y que abrió brecha para que otros grupos siguieran trabajando ese ritmo y ese estilo, todo era sorprendente en aquel disco, incluso aquella espectacular foto de la portada, después vinieron "Evil empire" y "The battle of los Angeles" que también tengo en casa, pero nada como su primer disco. La noticia me la comentaba hoy mi hermano, la verdad es que llevé una grata sorpresa y estoy pensando seriamente en hacer una escapada a Lisboa para Julio, llevo años y años escuchándolos y ahora es mi oportunidad de verlos, también tocarán en Madrid este verano, pero casi mejor me acerco el fin de semana a Lisboa y disfruto de la ciudad, el cartel también tiene a los Within Temptation, una banda de rock gótico de los cuales también tengo un disco y me gustaria ver en directo, quién sabe, igual me apunto a los dos.
chuzame -
Cinema e televisión 15 Feb 2008 12:13 am
Juno, probablemente unha película de Óscar.
O pasado fin de semana tiven a ocasión de ollar esta película que tan boa crítica recibira no festival de Sundance, o máis importante do mundo en canto a cinema independente se refire. Juno, conta xa con catro nominacións ao Óscar e de verdade que paga a pena vela, pode que sexa unha das mellores películas do ano, principalmente polos diálogos inxeniosos e brillantes e sobre todo pola fantástica interpretación da actriz Ellen Page.
A película conta a historia de Juno Macguff, unha rapaza de 16 anos bastante espabilada para a súa idade, ou alomenos é o que pensan os maiores que a rodean, ela é unha persoa inxeniosa, culta e sarcástica, que como todo o mundo agocha os seus medos e dúbidas. Un dia de outono todo cambia, a súa relación cun compañero de instituto, Bleeker, remata en embarazo, a éste interésalle máis ben pouco a nova situación, pero ela afronta o problema con traquilidade e decide ter o neno e dalo en adopción. O resto da historia conta as peripecias de Juno buscando unha familia axeitada para entregarlle-lo neno cando de a luz. Por certo, a B.S.O. da película tamén me gustou especialmente, sobre todo o tema "Piazza, New York catcher".
Recoméndovos encarecidamente esta película, unha comedia orixinal, intelixente e cunha interpretación maxistral de Ellen Page no papel de Juno, de seguro que esta nova actriz deparará algunha sopresa no vindeiro festival dos Óscar de Holliwood, no caso que se celebre claro.
chuzame -
Actualidade 14 Feb 2008 12:30 am
Novo programa de debate en Radio Poio.
Este vindeiro venres dia 15 de febreiro, na radio municipal do noso veciño concello de Poio, vai comezar un novo programa ao estilo do tan popular "La opinión", de sobra coñecido por tódolos pontevedreses xa que se emite dende hai unha chea de anos na emisora local de Radio Pontevedra (Cadena S.E.R). O novo programa da radio de Poio vaise emitir tódolos venres en horario de 13:00 a 14:00 horas e será totalmente interactivo, xa que contará coa posibilidade de que os ointes chamen en directo e lle propoñan as súas preguntas ao alcalde do Concello de Poio, o señor Luciano Sobral (B.N.G.), de seguro que haberá infinidade de cuestións que os veciños de Poio terán para o máximo mandatario municipal, sen ir máis lonxe a problemática do realoxo das familias de étnia xitana do Vao, os problemas de tráfico no concello, ou calqueira outro problema que conleva unha vila coma Poio, que está a sufrir un crecemento demográfico importante nos últimos anos e que se está a convertir por méritos propios nunha vila de referencia para o turismo e a industria nas Rias Baixas.
O pasado verán xa vos comentara aqui da existencia desta radio municipal, agora era o turno de informarvos deste programa, que de seguro interesará a moitos no noso concello veciño, Radio Poio emite no 101.7 da Fm.
chuzame -
Internet 11 Feb 2008 03:09 pm
“Jujel”, o novo buscador galego.
Xa vedes, a imaxinación dos galegos non ten límite nin coñece fronteiras, hoxe unha amiga comentábame da súa existencia e cando o mirei non puiden reprimir botar unha garagallada, iso si, de boa fé. Polo visto a alguén se lle ocorreu facer un buscador ao estilo do Google pero máis axeitado ao usos e costumes galegos, chámase Jujel e polo visto acepta perfectamente a gheada e mailo seseo. Nun apartado chamado ¿pero que demo é isto? tedes toda-la explicación do porqué deste buscador, unha ferramente que permite atopar palabras galegas gheantes, ou sexa, escritas tal e como moita xente as pronuncia na fala, ademais os promotores deste proxecto que conta con licenza de Google Inc. deixan ben claro que non se trata nin dunha broma nin dunha falta de repecto ao galego, moito ao contrario, pretenden que este buscador sexa unha ferramenta máis da nosa língua.
Dende "A ponte vella" dámoslle-los parabéns aos promotores e celebramo-lo nacemento de novas iniciativas e creacións galegas no eido informático.
chuzame -
Música 09 Feb 2008 01:00 am
Skarnio sacan novo disco ao mercado.
Son a referencia actual do ska galego, Skarnio hai tres anos que non sacaba nada novo ao mercado, o seu anterior disco "Arredista" ten varios temas que son auténticos himnos para a mocidade galega máis rebelde e combativa, a banda galega nunca agochou o seu forte compromiso social có noso País, tanto nas súas letras coma nos seus concertos en directo, sempre dispostos a tocar aló onde llo pidan, tanto sexa nun concerto para celebra-lo dia da Pátria galega coma para celebra-lo nacemento da Selección Galega. Éste que vos comento aqui é o seu terceiro disco, chámase "O nosso caminho" e nel a banda de ska nacida no barrio do Calvario de Vigo hai xa dez anos, proseguen cós seus ritmos de ska rápido e frenético, pero tamén mesturando ritmos de ska máis clásico e algo de reggae. Foi gravado a primaveira pasada nos estudos Area Master de Vigo, a destacar varios temas que xa escoitei no seu myspace como "Emigrante" ou "Greve", inda non teño o disco, pero polo que puiden escoitar no seu tema chamado "Venha máis umha", conta coa colaboración do vocalista dos Skalariak e outra voz que penso pode ser a de Almudena, a vocalista dos Transilvanians, outro grupo que me gusta e do que destacaria por riba de todos, o seu tema Kingston town - Santiago D.C.
O dito, os Skarnio parecen estar máis en forma que nunca, siguen con todo ese ritmo e forza que lles levou a ser un dos grupos de música galega, e en galego, máis seguidos e respectados do noso País, comezarán a presenta-lo seu novo disco a partires do mes de Marzal.
chuzame -
Actualidade 06 Feb 2008 03:19 pm
De idioma galego a “dialecto gallego”, por Fernando Grande-Marlaska.
Non alcanzo a entender como se pode desprezar abertamente e de meneira tan rotunda a un idioma, e máis se estas verbas veñen dunha persoa pública como é Fernando Grande-Marlaska, o xuiz da Audiencia nacional, sobradamente coñecido por todos nós polos seus xuizos "mediáticos", á mesa nacional de Batasuna entre outros. O outro dia a defensa de catro rapaces galegos que están a ser xulgados por queimar unha foto de El-Rey en Vigo, solicitaba un tradutor de galego para as declaracións dos seus defendidos, pois ben, en resposta a esta petición por parte do avogado defensor, o xuiz Grande-Marlaska emitiu unha providencia na que textualmente se podia ler o seguinte;
"(...) en lo referente a la petición de designación de intérprete de DIALECTO GALLEGO, ya se instó en su dia por este juzgado de la empresa encargada."
Señor Grande-Marlaska, con toda humildade lle digo, o idioma galego é un dos dous idiomas co-oficiais nunha das comunidades autónomas que conforman o Estado Español, polo tanto unha actitude de desprezo cara ao noso idioma como ésta paréceme totalmente fóra de lugar, xa sei que este comentario non chegará nunca aos seus oidos, pero alomenos quero amosar publicamente o meu máis rotundo rexeitamento a pronunciamentos deste tipo, que o único que consiguen é demostrar unha vez máis que o diferente molesta, e por suposto o pouco "tacto" ou sensibilidade que ten algunha xente como vostede, é máis, dubido moito que tivera o valor ou a pouca cabeza de chamarlle dialecto a idiomas como o catalán ou o euskera.
Editado (08/02/08): Pois como rectificar é de sabios, este home tivo a ben pedir desculpas públicamente polo feito de chamarlle "dialecto" a un idioma co-oficial do Estado Español, e como neste blogue somos demócratas antes que calqueira outra cousa, facémonos eco das súas declaracións.
chuzame -








