Monthly Archivemarzo 2008
Música 31 mar 2008 07:10 pm
Os “Mägo de Oz” tocarán en Pontevedra
A nova fíxose pública hoxe e acabo de confirmalo en www.magodeoz.com. O grupo que mestura o heavy metal coa música celta, tocará na nosa cidade o dia 9 de Agosto dentro da súa xira Borriquito como Tour 2008, a cal comezará o dia 20 de xuño e os traerá en concerto para as festas da Peregrina. Mägo de Oz creouse como grupo alá polo ano 1988, comezaron chamándose Transilvania coma homenaxe ao grupo Iron Maiden, o preferido do seu fundador, Txus di Fellatio, pero ao pouco tempo mudaron o seu nome polo actual, Mägo de Oz. O grupo leva ano e anos colleitando éxitos e gravando discos, entres eles La leyenda de la Mancha, Finisterra ou Gaia. Nos seus discos sempre abondan as letras épicas acompañadas do son dos violinos, as frautas e mesmo a gaita galega, o seu novo disco chámase La ciudad de los árboles e foi publicado o pasado dia 6 de novembro do 2007.
Unha boa ocasión para voltar a velos de novo, xa tiven a oportunidade dúas veces, unha delas aqui mesmo en Pontevedra, o que inda descoñezo é se o concerto é organizado polo Concello de Pontevedra, de ser así parabéns pola decisión que coido foi moi atinada, Mägo de Oz son un grupo de primer nivel.
Deportes &Fotografía 29 mar 2008 09:06 am
Miguel Indurain en Pontevedra

El motivo de la visita fué la presentación del equipo ciclista del Super-Froiz 2008, el acto tuvo lugar en el Auditorio del Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra hace unos dias. El pentacampeón del Tour de Francia y ganador en dos ocasiones del Giro d'Italia, el navarro Miguel Indurain , visitaba nuestra ciudad para apoyar publicamente al equipo ciclista pontevedrés, como anteriormente lo habian hecho Federico Martín Bahamontes, Álvaro Pino y en esta ocasión Indurain acompañado del gallego Óscar Pereiro. Al día siguiente de la presentación del equipo ciclista, el deportista de Villaba visitó la central que el Grupo Froiz tiene en Poio (Pontevedra), donde se encuentra la sede del equipo ciclista dirigido por Evaristo Portela.
Aprovechando que este fenómeno del ciclismo visitaba nuestra ciudad, no pude dejar pasar la oportunidad de quitarme una foto con el y aunque suene al tópico de siempre, nos pareció una persona afable y cercana, siempre con una sonrisa en la boca y dispuesta a sacarse fotos con todo aquel que se lo solicitaba.
Un saludo Miguel y vuelve cuando quieras.
Música 27 mar 2008 08:30 am
“Xigantes”, o novo disco dos Ruxe ruxe
Veño de escoita-lo que será o primeiro tema do novo traballo dos Ruxe ruxe, titúlase xigantes e da tamén nome ao disco que será presentado na sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro dia 12 de abril. Os Ruxe ruxe para os que non os coñezades fan unha magnífica mestura de folk-rock con algunhas pinceladas de punk en galego, leván dando "gherra" como les din dende o ano 1996 e non lles vai de todo mal. Falando precisamente deste tema chamado "xigante", o video e maila letra ten moito que ver coa desfeita que de Galiza está a facer o urbanismo sen control, a ambición duns cantos por encher de cemento e cristal a nosa terra.
"Entre monstros enormes, aqui estamos ti e máis eu,
entre fumes e lumes, pequenos fronte a xigantes...."
Actualidade &Galiza 26 mar 2008 03:18 pm
¿ O colante de GZ será controlado pola Garda civil ?
Hai un chisco que acabo de botarlle unha ollada á noticia e non puiden ficar máis perplexo, dende a web do Movemento polos dereitos civís infórmannos de que a Garda civil tomará os datos dos conductores de coches que leven expostos os colantes de GZ ou mesmo a bandeira galega coa estrela. Polo visto nunha das últimas xuntanzas de formación dos axentes da benemérita, repartíronse unha serie de informacións sobre as que o corpo armado considera "o segundo maior problema de terrorismo de España", polo visto todo aquel que leve o famoso colante de GZ (Galiza) no seu vehículo está baixo sospeita de pertencer ao M.L.N.G. ou sexa, o Movemento de Liberación Nacional Galego, vamos, que polo visto non se pode ser galeguista/nacionalista sen ter filiación política de ningún tipo ou ser sospeitoso de terrorismo, semella que como por exemplo no meu caso, que levo o colante posto no meu vehículo dende hai perto de dez anos, debo de ser un "elemento" perigoso e que haberia que ter controlado. Pregúntome se de verdade a Garda Civil non terá outra cousa que facer que perseguir a estes vehículos polo mero feito de levar colantes alusivos ao galeguismo, nacionalismo ou independentismo galego, os vehículos poden ir cheos de pegatinas coma se dun mural se tratase, pero por iso nin representan un perigo para o tráfico nin tampouco para os intereses dun ou doutro partido, a noticia poderia ser irrelevante senón fora porque semella que dun tempo a esta parte se quere criminaliza-lo nacionalismo galego dende diversos estamentos, situación ésta totalmente surrealista.
Se queren aproveita-lo tempo que persigan coches sen a I.T.V. pasada, cascallos vellos e remendados que circulan sen seguro polas estradas ou se buscan coches con pegatinas que poidan delatar aos seus ocupantes, que persigan aos que levas as de Pioneer, Turbo ou 16 válvulas, eses seguro que máis tarde ou máis cedo cometerán algunha infracción de tráfico.
Galiza &Política &Pontevedra 24 mar 2008 08:52 pm
¿Nacionalista?

Últimamente veño pensando moito sobre o que está a se-lo Bloque Nacionalista Galego e os resultados que está a ter nas sucesivas eleccións ás que veñen concorrendo. ¿Que é nacionalismo? ¿O BNG é nacionalista? Preguntas cicais sen resposta, non o sei. Eu amo á miña terra, a Pontevedra, a Galiza, e quero o mellor para ela. Algo que me sucedeu nas últimas visitas a Pontevedra foi a de ver moita decepción entre a xente da miña idade sobre o seu futuro laboral.
Estou dacordo en chimpar a unha factoría como a de ENCE da ría, mais tamén estou dacordo en apostar por factorías limpas, menos contaminantes e máis agradábeis có medio ambente, pero non por ilo deixar de impulsar o sector primario na Galiza.
Nos últimos anos estamos a ver como a nosa costa, exemplo de beleza ceibe vense convertendo nun monstro que devora e devora quilómetros de costa grazas en moitos casos a alcaldes promotores e ás súas cacicadas ( foto de Raxó ). Porén, dende o goberno autonómico coa nova Lei da Vivenda débese optar por non deixar ese tipo de prácticas (tiven constancia de que non se van admitir), mais o que nunca se pode tolerar son cousas como as que están acontecendo en Poio e o seu urbanismo, onde goberna un nacionalista dende fai moitos anos.
Eu son pontevedrés porque tocoume nacer aquí e estou orgulloso da miña cidade. Fai uns anos vense apostando por unha cidade máis orientada aos cidadáns, con maiores beirarúas e un casco vello ao que se lle está a dar un lavado de cara convertíndoo nun dos cascos vellos máis preciosos. Pero o que non se pode permitir son papeleiras e contedores de reciclaxe que non se baileran en 15 días como veño eu vendo dende que estou aquí. A xente quere reciclar e iso é un feito na nosa cidade, mais se xa de por sí se lle imposibilita, mal imos.
Eu non sei se son nacionalista, mais se ser nacionalista é facer o que está a facer esta xente, por favor non me inclúan na lista, porque estou avergoñado.
Fotografía 22 mar 2008 09:39 am
50 anos da foto símbolo da emigrazón galega
A foto que aqui vos mostro foi considerada como un dos mellores documentos gráficos endexamais conseguidos, esta imaxe deu a volta ao mundo e foi proclamada por todos e todas como o símbolo da nosa emigrazón, como o símbolo dos galegos e galegas que tiveron que marchar da súa terra para busca-lo pan en calqueira recuncho do mundo.
O seu autor, Manuel Ferrol (Cabo Vilano 1923 - A Coruña 2003), fora contratado no ano 1957 pola Comisión Católica de Emigración para facer unha reportaxe sobor do embarque dos nosos emigrantes, o encargo tiña por obxectivo retrata-la derradeira viaxe do barco "Juán de Garay" que partia do peirao da Coruña. A impresionante foto que moitos de nós coñecemos titulouse "despedida de emigrantes" e converteuse case que por casualidade na foto máis fermosa e á vez desgarradora que fixo nunca un fotógrafo galego, reflexou e denunciou en toda a súa crudeza o drama da emigrazón dos nosos avós, eu mesmo coma calqueira galego ou galega tiven familiares emigrados, asi que cada vez que ollo esta foto encólleseme o corazón, esta foto no 2007 cumpriu 50 anos.
Fontes: www.elcorreogallego.es e www.manuelferrol.com
Actualidade 17 mar 2008 03:27 pm
¿Ninguén se lembra do Tibet?
Hai dias que a violencia desatouse no Tibet e coma xa aconteceu cando a revolta dos monxes birmanos, o governo de Pekín controla toda a información, tanto en televisión, prensa escrita ou internet, fálase de perto de 100 mortos tibetanos, o governo chinés responde con que os mortos non chegan á dúcia, son civís e que foi por culpa dos "axitadores" tibetanos, a confusión é total, e namentres todo isto acontece, os governos do resto do mundo ollan para outro lado, é flagrante a indiferencia total que mostra por exemplo o Comité Olímpico Internacional, semella que non interesa abrir un conflito có governo chinés a poucos meses dos Xogos Olímpicos que se han celebrar alí este verán.
A cronoloxía do conflito cóntanos que, o dia 10 de Marzo do ano 1959 estouraba unha revolta contra a ocupación china do Tibet, revolta que foi sofocada con grande violencia por parte do governo chinés e que obrigou ao lider espiritual tibetano, o Dalai Lama, a exiliarse na India, coincidindo con éste aniversario, os tibetanos organizaron estes dias manifestacións na súa capital, Lhasa, para chamar unha vez máis a atención da prensa e os governos do resto do mundo, aproveitando tamén a cercania dos Xogos Olímpicos do vindeiro mes de agosto, manifestacións que foron unha vez máis fortemente reprimidas e case que silenciadas.
Hoxe dia 17 de Marzo, a rede solidarízase có povo tibetano, e nós dende aqui tamén queremos unirnos á causa tibetana.
Fotografía 15 mar 2008 05:00 pm
O mellor amigo do home non é un xoguete
Son un dos meus pasatempos favoritos, preferentemente a fin de semana que é cando teño máis tempo libre e podo adicarllo a elas. Estas cadelas de raza boxer son nai e filla, Musa é a nai, unha cadela tranquila e obediente como ningunha, é a de cor castaño máis escuro que podedes ver deitada na foto, a outra é Noa, todo un exemplo de animal inquedo e rebuldeiro, ás veces semella te-lo "bicho" no corpo, non acouga nin un minuto e sempre está disposta a correr detrás dun pao ou dunha pelota.
Pero os cans, eses animais que na inmensa maioria dos casos son os nosos fieis compañeiros, deberían ser sempre tratados con respecto e agarimo, por iso no podo entender á xente que os deixa abandonados en calqueira rúa, estrada o mesmo no monte, como os teño ollado nalgún dos meus paseos polos arredores de Pontevedra, nos montes da Caeira, do Castrove ou da Fracha. Un can é moi divertido de cachorro pero có tempo ha medrar e pode chegar a ser un problema nalgúns casos, senón estás seguro de darlle unha vida en condicións mellor non o teñas, o can é o mellor amigo do home, polo tanto non lle deas a vida que non quixeras para ti.
Galiza &Internet 14 mar 2008 02:43 pm
Xuventude Galiza Net 2008

Para quen non a coñeza, a Xuventude Galiza Net é unha festa informática que se ven celebrando dende varios anos atrás xa no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza, ás aforas de Santiago de Compostela.
Este ano, e por segundo ano consecutivo varios asistentes á XGN decidimos crear un blogue sobre a Xuventude Galiza Net e así ir contando as nosas experiencias dende hoxe Venres ata o Domingo pola tarde, seguro que pasades un bo rato lendo as historias deste evento informático.
Porén, xa sabes, para informarte sobre o evento visita http://www.trebellos.org/xgn
Actualidade &O mundo da cervexa 13 mar 2008 08:30 am
“A casa do Coto” pecha as súas portas
É unha das tabernas máis sobranceiras de cantas hai nos arredores da nosa cidade, a coñecida por moitos "casa do Coto" de Tomeza botará o fecho se ninguén o remedia mañá dia 14 de Marzal, foron nove anos de tapas e música en directo e somos moitos os veciños de Pontevedra que algunha vez temos desfrutado coas súas "martinas", os seus revoltos de cogumelos, os famosos chourizos ao "inferno" ou calqueira cervexa da súa carta.
Vicente Fernández é un dos socios do local e unha persoa coa que teño botado unha parrafada nalgunha ocasión, comentaba hai dias nun xornal, que o motivo desta decisión era tanto porque xa non era sostible economicamente como tamén porque precisaba adicarlle moito tempo, tempo do que él polo seu traballo xa non dispón. Sei que Vicente é unha persoa que tiña moita ilusión no que facia, organizar concertos ou exposicións require tempo, ilusión e moita adicación, e para iso ten que gustarche, tamén comentaba que ogallá alguén poidera continua-lo traballo feito ao longo destes nove anos, para que éste local emblema da nosa cidade non tivera que fechar definitivamente. Pola miña parte lamento esta decisión pero entendo os seus motivos, eu teño estado en numerosas ocasións ceando no local e incluso fixemos unha "jam session" unha vez cós amigos do grupo de gaitas, sempre fomos recibidos cós brazos abertos, a música en directo foi un dos principais activos cós que sempre contou este local. Como dicia, o vindeiro dia 14 deste mes o local cumprirá nove anos e fará unha festa de despedida cós músicos que ao longo de todo este tempo amenizaron as noites de festa e troula que tivo A casa do Coto.
Dende "A ponte vella" enviámoslle un afectuoso saúdo a tódala xente de "A casa do Coto", en especial a Vicente.
Internet 11 mar 2008 07:00 pm
Cyril Takayama, o efecto “Lacoste”.
Pode que non sexa tan coñecido como David Blaine, pero este mago xaponés é moi popular no Xapón. Hai uns dias que un amigo pasábame este video sorprendente, nun principio os seus cinco minutos de duración poden facernos desistir de velo , pero asegúrovos que paga a pena, o paisano en cuestión chámase Cyril Takayama e comezou a coller sona alá polo ano 2005 no seu pais, pero grazas a Youtube agora é coñecido en todo o mundo.
Desfrutade có video
Política 10 mar 2008 04:00 pm
Eleccións xerais 08, onte habia que votar.
O domingo foi un coma outro calqueira, coa excepción de que desta volta habia que facer unha parada obrigada no colexio electoral. O dia amenceu desapacible, e ademais como tiña cousas que facer o mellor era deixalo para a tarde, despois de xantar un sempre vai con enerxias renovadas e iso parece se-lo que pensou toda a veciñanza, posto que o movemento por aquela zona a iso das catro do serán era importante. Recoñezo que xa estaba un pouco farto de tantos mítines e tantos debates, de que a "nena de Rajoy" ou a "cella" de Zapatero foran o centro de atención de analistas e tertulianos nas radios e televisións, sinceiramente agardaba polo domingo e porque todo isto rematase dunha vez. A cousa despachouse nun intre, entrei no colexio, collin as paleletas e sin tan sequera entrar na cabina, dirixinme á miña mesa, vamos, á mesa que tiveron a ben designarme para votar, o dito, foi cousa dun par de minutos. A anécdota curiosa, pois que cando xa levaba uns cantos metros percorridos fóra do colexio, unha das integrantes da mesa electoral veu correndo detras miña e chamándome a voces, coas presas esquecera o carnet de identidade, a cabeciña que non da para máis.
Á noite, e unha vez na casa os resultados, a iso das once da noite comprobo que o P.S.O.E. gañou as eleccións pero sen maioria absoluta, que o Partido Popular continuará na oposición catro anos máis e a ver que para có seu lider, Mariano Rajoy, que Izquierda Unida deuse o gran "batacazo" e que os partidos nacionalistas baixan, todos menos os integrantes do Galeuscat, C.I.U P.N.V. e B.NG. , o nacionalismo galego terá outra lexislatura dous escanos no Congreso dos deputados, coido que é algo significativo que aguantaran o tirón do claro bipartidismo imperante e que haxa unha voz galega na Cámara baixa paréceme esencial, ¿que podian ter un grupo parlamentario propio? por suposto, pero para iso supoño que terán que traballar máis todavia.







