Monthly Archivemarzo 2008
Política & Pontevedra 07 mar 2008 07:26 pm
A peonalización vaise extendendo…
Lembro fai anos, cando o BNG comezou a ter governo na cidade de Pontevedra por primeira vez, cando decidiu optar por un modelo de cidade baseado no cidadán e por ende nas beirarúas anchas e na peonalización.
Lembro tamén unha manifestación un día co lema El bloque nos bloquea sinalando á peonalización como a causa de que comercios pechasen en Pontevedra (e cicais sen parar a ve-lo propio estado do comercio en Pontevedra).
Todo isto ven a colación debido a que lin que o Concello de Madrid ven de presentar o ambicioso proxecto de obras na Rúa Serrano, ampliando as beirarúas nalgúns casos ata 10 metros.
E eu pregúntome, ¿dirán o mesmo das remodelacións en Madrid os mesmos que criticaron a peonalización en Pontevedra? Deixo a pregunta no ar...
chúzame -
Actualidade 07 mar 2008 03:44 pm
E.T.A. entra en xogo no derradeiro dia de campaña.
Cando todo apuntaba a que esta campaña electoral ia ser moi tranquila, máis alá dalgunha pequena lipotimia nun mitin ou dalgún encontronazo entre simpatizantes dun ou doutro bando, apareceu E.T.A. e rematou a festa da democracia. Hai poucos minutos que me acabo de informar polos telexornais desta nova, Isaias Carrasco, un ex-concellal do P.S.O.E. da localidade de Arrasate (Guipuzkoa) acaba de ser asasiñado con catro tiros na caluga á saída da súa casa en Arrasate. Hoxe non é o partido socialista o que perde a un dos seus membros, hoxe é a democracia a que perde moito máis, a violencia somentes arrastra máis violencia, un camiño para o que non hai saida. Un home de 42 anos retirado da política activa foi asasiñado este mediodia en presenza da súa muller e da súa filla, a campaña electoral suspendeuse, agora é tempo de reflexionar, agora máis que nunca é precisa a unidade dos partidos políticos máis alá das súas diferenzas ideolóxicas, o terrorismo foi mentado en innumerábeis ocasións nestes dias de campaña, para a nosa desgraza, agora fixo acto de presenza.
Fonte de información e fotografia: Vieiros
chúzame -
Internet 05 mar 2008 01:30 pm
Andrés Milleiro, unha nova incorporación ao blogue.
Algún de vós supoño que xa o coñeceredes, Andrés ademais de amigo persoal e mentor deste proxecto que tiven a ben chamarlle "A ponte vella", é un coñecido blogueiro veciño da nosa cidade, leva moito tempo nisto das páxinas web, dos blogues e entre outros proxectos seus, foi pioneiro en crear Trebellos.org, o primeiro blogue comercial de gadgets en galego. Se tedes curiosidade e queredes informarvos máis polo miúdo pasádevos www.andresmilleiro.info . Pero ao que ia, hai uns dias estabamos falando de todo un pouco cando chegamos á conclusión de que non estaria mal que él colabourara con algún artigo de cando en vez neste blogue pontevedrés, Andrés postea a cotío no seu pero bota en falla falar das novas máis locais, tanto de Pontevedra coma de Galiza, polo tanto este blogue era unha opción perfecta, asi que acordamos que de cando en vez escribirá algún artigo falando da actualidade pontevedresa e galega.
A este que vos escrebe, persoalmente parécelle unha idea estupenda, neste recuncho pontevedrés na rede non adoito opinar sobre determinados temas da actualidade pontevedresa, como por exemplo de política, agora que o penso, falo case de todo menos de política, asi que éste podería ser un bo comezo.
chúzame -
Caixón de xastre 03 mar 2008 12:30 pm
¡¡ Preparando as vacacións de verán…!!

A partires de hoxe comezo a prepara-las miñas vacacións de verán, este ano algo máis adiantadas se cadra porque non podo dispor doutra data, polo tanto e se non hai trocos de última hora, serán para a segunda quincena do vindeiro mes de maio, logo supoño que tamén poderei coller algo en agosto, ou iso agardo. O lugar concreto inda está por decidir, en breve comezaremos (a miña muller e máis eu) coa criba de destiños posibles, pero o máis seguro é que ao final a cousa quede entre dous que xa están medio decididos de antemán. Polo de agora non vos podo dar máis pistas, asi que amigos lectores de "A ponte vella" podedes ir facendo as vosas apostas, somentes dareivos un apuntamento, o lugar en cuestión somentes ten fronteira con outro único país e atópase no norte de Europa.
A solución para primeiros de Maio.
chúzame -
Internet & Música 01 mar 2008 09:00 am
“Lest we forget”, punk-rock da man dos The real McKenzies.
Sempre foron os meus xogos de ordenador preferidos, estou a falar dos de estratexia tipo "Age of empires", "Caesar" ou "Warcraft", xogos inspirados en épocas pasadas, principalmente no medievo, orcos contra humanos, viquingos, celtas, romanos, todo tipo de razas e civilizacións que se esvaeceron no tempo, o que ven sendo unha maneira coma outra de pasa-las horas diante dunha pantalla. O video que vos traio aqui é dun xogo polo estilo, nunca tiven a ocasión de probalo, é máis, non sei nin como se chama, pero polos comentarios na páxina de youtube penso que Medieval debe de se-lo seu nome e ten unha pintaza tremenda, non sei se será moi antigo pero supoño que se poderia atopar. A música por se vos interesa é dun grupo chamado The real Mckenzies, unha banda que comecei a escoitar hai un par de anos, poden definirse como unha mistura de punk-rock e música folk, inda que neste tema que poderiamos traducir coma "Para que non esquenzamos" non escoitemo-lo son da highland bagpipe, si que aparece a miúdo nas súas cancións, son canadianos pero orixinarios de Escocia e orgullosos da súa orixe, outro dia poreivos aqui un video deles, están entre os meus grupos preferidos deste estilo xunto cós Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con orixes irlandesas.
Por certo, esta fin de semana estase a celebra-la Pontevedra Party 08, unha xuntanza informática ao estilo do Xuventude Galiza net, nela entre outras actividades haberá torneos de xogos como o Warcraft.
chúzame -






