Cargando...

Monthly ArchiveAbril 2008



Actualidade 11 Abr 2008 09:00 am

O problema do leite, un máis de tantos.

Onte poidemos ver esta imaxe en moitos xornais e tamén nas televisións, os gandeiros remataron coa súa paciencia e optaron por pasar á acción como fixeran tamén dias atrás, desta volta foron atacadas tres cisternas con 50.000 litros de leite da empresa Leite Rio por parte de varios encarapuchados. O problema é grave non hai dúbida, namentres a nós nas grandes superficies subíronnos o prezo do cartón de leite nos últimos meses, en orixe, aos gandeiros págaselles cada vez menos e todos sabemos que os custos de producción e de mantemento dunha explotación gandeira subiron nos últimos anos, entón quén é o que sae realmente gañando con todo isto? os gandeiros acusan aos empresarios de prácticas de usura e éstes aos gandeiros de terroristas. O exemplo é moi claro, nun cartón que nos pode custar un euro nun supermercado o productor leva 0.45 céntimos, dos cales 0.40 custalle producir ese mesmo leite, polo tanto ten un  marxe de beneficio duns míseros 0.05 céntimos de euro, cando o resto, uns 0.65 céntimos son a repartir entre o empresario e mailo distribuidor, isto é xusto?, a todas luces non. O feito constatado é que todo este problema pode conlevar ao abandono das explotacións leiteiras de Galiza por parte dos produtores, e que logo moitas das empresas galegas que mercan e comercializan este leite teñan que adquirilo fóra, coa súa conseguinte merma de marxe de beneficio, inda me lembro cando as marcas galegas de leite podíanse contar por dúcias.

Non sei se a creación do Grupo Lácteo Galego, ese proxecto do que levan anos e anos falando os nosos políticos acadaria algo, cecais facer un pouco máis de forza por parte dos produtores e ter algo máis de sentido común por parte dos empresarios, porque manifestacións como as de Jesús Lence no dia de hoxe non axudan de moito, cecais os consumidores galegos tamén teñamos que pensar moito a quén lle mercamos o leite cando imos ao supermercado, de todos é coñecido por exemplo, que a marca Feiraco non quixo pagarlle menos aos seus cooperativistas cando a industria alegou que tiñan que baixa-los prezos, alegou que non habia xustificación de ningún tipo e apoiou ao sector lácteo galego manténdose firme na súa actitude.

Chuzame! chuzame -

Música & O mundo da cervexa 09 Abr 2008 01:27 pm

Flogging Molly, punk-celta e cervexa negra

Tomaron o seu nome dunha taberna na que adoitaban tocar nos seus comezos, a Molly Malones na cidade de Los Ángeles (U.S.A.). Flogging Molly por senón os coñecedes, son unha banda nacida no ano 1997 de entre os moitos fillos de emigrantes irlandeses nos Estados Unidos de Norteamérica, fan unha mestura de punk, oi e música celta, moi na onda de outros grupos como os The Real Mckenzies ou os Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con ascendencia escocesa neste caso. O tema que vos traio aqui titúlase "Drunken lullabies" e foi un dos seus maiores éxitos, foi publicado no ano 2002 e a súa traducción veria sendo "nana de borrachos", un título moi apropiado para este novo capítulo  de o mundo da cervexa, o video transcurre entre tabernas irlandesas onde nunca ha de faltar unha boa pinta de Guinness stout. Os Flogging Molly acaban de sacar ao mercado o seu novo disco chamado "Float", publicouse a principios do pasado mes de marzal.

Adicado a tódolos nosos lectores amantes da boa cervexa, Deisler, Brugal con cola e especialmente a Ulmo de Arxila e a Andrés Milleiro.

Slàinte !!

Chuzame! chuzame -

Actualidade 07 Abr 2008 07:54 pm

¿Un pistoleiro menos…?

[... sólo me la quitarán de mi mano fria y muerta]

 

Esta frase foi pronunciada por Charlton Heston alzando un rifle, o actor que tamén fora presidente da detestable Asociación Nacional do Rifle dos EE.UU. (N.R.A.) -a cal foi fantásticamente retratada no oscarizado filme Bowling for Columbine de Michel Moore- morreu de alzheimer a pasada noite do sábado en Beverly Hills. Non deixa de ser sorprendente que a súa frase máis célebre non sexa de ningunha das súas películas, cecais non para todos, pero si para moita xente Charlton Heston será lembrado por ser un férreo defensor das armas.

Certamente semella irónico que o maior defensor da guerra agora descanse en paz.

Chuzame! chuzame -

Axenda & Música 05 Abr 2008 12:02 am

Andrés Calamaro tamén se pasará por Pontevedra…

O músico e compositor arxentino Andrés Calamaro ven de anunciar hai uns dias as datas dos seus dous primeiros concertos deste verán, un deles terá lugar o vindeiro 7 de xuño no Recinto feiral de Pontevedra. O que fora integrante do mítico grupo Los Rodriguez e considerado unha das máis grandes figuras que deu o rock arxentino visitará a nosa cidade dentro do seu La lengua popular Tour.

Por fin semella que a capital da provincia comeza a entrar no circuito dos grandes concertos nacionais, polo de agora Andrés Calamaro somentes facilitou dúas das datas dos seus concertos, unha é a de Pontevedra e a outra a de Burjassot (Valencia), asi que xa comezamos a estar ao nivel de grandes cidades. Contan por ahí, que moitos representantes de artistas comezaron a apunta-lo nome de Pontevedra despois do exitoso concerto de Miguel Bosé o verán pasado, evento éste que congregara a máis de 30.000 persoas e que tivo unha grande repercusión nos medios.

O dito, non vos esquezades da data, 7/06/2008 ás 20:30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra (23 €).

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 03 Abr 2008 11:01 am

Comeza a segunda tempada de “cuestión de sexo”

Esta noite e ao redor das 22:15 será a estrea da segunda tempada de "cuestión de sexo", a exitosa serie de Cuatro da que non me perdín ningún dos anteriores capítulos. Supoño que estes dias xa veríades as promos na televisión falando da agardada volta desta serie, segundo contan na súa web incorpóranse tres novos actores ao reparto e semella que un deles será un psicólogo arxentino, ou sexa que o guión se cadra vai a ser un pouco máis enrevesado nesta nova xeira. Cómpre dicir que un dos actores de reparto é o pontevedrés Xúlio Abonjo que interpreta a Gabi, o máis rebelde e inconformista das personaxes que conforman a serie, coñecerédelo seguramente por participar en varias series na T.V.G. e tamén en varias películas, entre elas O lapis do carpinteiro, ademais sempre me fai gracia ollalo tomando a nosa cervexa máis representativa, ben sexa no bar ou na súa casa, unha boa publicidade sen dúbida para Estrella Galicia.

O dito, agardemos que esta segunda tempada sexa tan boa coma a primeira e desfrutemos con ela.

Chuzame! chuzame -

Actualidade & Política 01 Abr 2008 02:39 pm

O fin non sempre xustifica os medios

De seguido, podedes ler a carta que me fixo chegar unha amiga e veciña de Poio (Pontevedra) e que foi remitida a diversos medios de comunicación locais e galegos, nela expón o seu ponto de vista encol do tema da agresión sufrida polo alcalde (Luciano Sobral - B.N.G.) desta localidade veciña de Pontevedra hai uns dias, para os que non estaxades ao tanto do tema, todo xira encol do realoxo dos chavolistas de etnia xitana residentes no Vao, e os cales "supostamente" se adican ao trapicheo de droga.

Como veciña de Poio,  síntome na obriga e no deber moral, de denunciar públicamente o acoso e derribo ao que determinados colectivos veciñais e, algún partido político, veñen sometendo ao noso alcalde nos últimos tempos.

A pasada semana,  acontecía un dos espectáculos máis esperpénticos e bochornosos que se lembran dende a democracia no lugar onde resido. Un numeroso grupo de “exaltados/as” agredían e increpaban tanto verbal como físicamente a Luciano Sobral á saída dun pleno, que xa de antemán presumíase tenso dabondo. Un feito gravísimo que, baixo ningún concepto,  pode ser xustificado nin avalado por argumentacións baleiras de contido cívico e democrático e ata atentando contra dereitos universais. En vista de tales feitos, non me queda outra que describir dita actuación como unha  das “ manifestacións máis antidemocráticas de exercer públicamente un dereito constitucional”. Plantexo neste medio outras cuestións sobre as que veño cavilando estos días, e convídovos a que tamén o fagades: ¿Onde está o límite do dereito á liberdade de manifestación e/ou expresión? ¿En virtude de que intereses algúns MdC e partidos políticos están interesados en alimentar cada día máis ás masas enfurecidas con declaracións incendiarias, demagóxicas, pouco afortunadas e que faltan á verdade do asunto?¿ A quen lle interesa que este conflicto siga no pé do cañón , e se chegase ao actual punto crítico?¿Que intereses pode haber para tratar de desprestixiar a actuación dun político coma  Nito, con máis de vinte anos de praxe política, demócrata convencido e que traballou arreo por este País e polo seu concello? A igrexa, institución que tanto se enche a boca facendo campañas de apoio ós máis débiles e desprotexidos… ¿Non ten nada que dicir ou é que os xitanos non son tan fillos de Deus coma o resto? Se este é un problema de orden público e venda de drogas exclusivamente, tal e como afirman algúns, ¿onde están as forzas e corpos de seguridade do estado, non ten nada que manifestar a subdelegación do goberno? ¿Por qué o Sr.Dominguez está máis preocupado de seguir botando leña ó lume en troques de traballar para soluciona-lo conflicto? ¿Ou seica pode afirmar que do alto número de veciños de Monteporreiro que viven en pisos tamén de financiación pública ningún  deles ten coches de alta gama? Deixo aquí estas reflexións no aire…Que cadaquen faga a súa propia e particular introspección verbo do problema. E para rematar, quixera brindarlles dende aquí o meu máis enérxico apoio ao Sr.Sobral e resto do grupo municipal do BNG de Poio, porque, ao meu parecer, independientemente dos erros nos que puideran caer (que tamén son humanos), están a ser vítimas do linchamento mediático e político máis suxo e desleal que se lembre na historia do concello de Poio. Fago un chamamento á cordura e ao diálogo como camiños para a busca conxunta dunha solución. Xa abonda de DEMAGOXIA,  porque en contra do que dicía Maquiavelo, “o fin non sempre xustifica os medios.”

Maruxa B.Vicente Dominguez. (veciña de Albar -Poio).

Chuzame! chuzame -

« Previous Page