Puido ser un dia tal que hoxe, primeiro de Maio e dia da festividade celta de Beltaine, cando os nosos antergos castrexos cruzaron en barca o mar que separa a nosa terra da verde Èire para conquistala. Segundo contan as crónicas do Leabhar Ghabhala, a tribo dos milesiáns conquistaron a illa de Irlanda para venga-la morte de Ith, un dos fillos de Breogán -o rei celta de Galiza-, o cal dende a torre construida polo seu pai en Brigantia, a que viria sendo a actual cidade de A Coruña, divisara a illa ao lonxe e viaxara ata ela para loitar coa tribu dos Tuatha de Dannan e conquistala. Segundo a información aportada por diversos estudos esta teoria recollida no libro das invasións poderia ser certa. Segue a crónica contándonos que o dia da festividade do deus Bel (Beltaine), chegaron Mil e os seus oito fillos e noras á desembocadura do rio Kenmare acompañadas por trinta e seis embarcacións de coiro, cada unha coa súa guarnición de soldados e có seu xefe de clan, loitaron encarnizadamente contra a tribo dos Tuatha de Danann, o povo da deusa Danu -os habitantes da illa-, conta tamén a lenda que a desputa foi nobre e valerosa, que ámbolos dous druidas de cada bando empregaron feitizos e invocacións máxicas e que a loita rematou tras varias batallas coa victoria dos milesiáns vidos dende terras galegas, a tribo de Dana agochouse entón baixo a superficie da terra. Séguenos a contar o relato que foron os mesmos milesiáns os que lle puxeron nome a esta nova terra conquistada, e que despois de negocialo coas tres deusas pertencentes á tribo dos Tuatha de Dannan (Banba, Fodla e Ériu) elexiron o nome de esta última na súa forma xenitiva, Erinn, para bautizala nova illa.

Hoxendia, a festividade de Beltaine é un dia de ledicia e diversión, na nosa cidade de Pontevedra temos un bo exemplo tódolos anos na praza da Ferreria onde se celebra a festa dos Maios, un evento moi participativo e con moitísima sona en todo o territorio galego.

Que desfrutedes e participedes do dia.

Chuzame! chúzame -