Cargando...

Monthly Archivexullo 2008



Pontevedra 31 xull 2008 09:00 am

¿Touros en Pontevedra?… ¡¡ lástima de bois !!

O vindeiro 2 de agosto será a primeira das catro corridas da feira taurina de Pontevedra, coma sempre na nosa cidade semella que hai unha grande expectación ante tal evento, descoñezo o cartel posto que non me interesa o máis mínimo, é máis, declárome abertamente antitaurino e rexeito de plano esta práctica, a cal non considero un deporte e moito menos un acto cultural, da mesma maneira pensa a xente da Plataforma Antitaurina de Pontevedra, semella que o colectivo antitaurino pontevedrés comeza a organizarse.

O que non se pode negar é que na nosa cidade, o feito de ter esta feira taurina na única praza de touros estable de toda Galiza é un acto social e festivo moi importante, debo recoñecer que a semana grande das festas do verán pontevedrés non seria a mesma sen os touros e sen as peñas, sempre xuntas pero non revoltas como diria o refraneiro popular. Rexeito o postureo da xente que acode aos touros, rexeito o puro e mailo abanico e por suposto a tortura que supón darlle morte a un animal có beneplácito e a complicidade de miles de persoas. O que si non vexo tan mal é o feito de que a mocidade pontevedresa e de fóra  da nosa cidade -que cada ano son máis- desfrute do verán na rúa que é onde mellor se está estes dias, o feito de facer peñas, de sair os grupos de amigos coas súas camisolas de vivas cores a toma-lo kalimotxo, a cervexa ou o viño, non o contemplo coma un acto de incivismo ou de insolidariedade có resto dos veciños de Pontevedra, considero que é un acto lúdico e social máis -sempre que sexan respectuosos cós demais- unha experiencia máis que forma parte das festas da Peregrina e do que teñen dereito a desfrutar sempre que isto non os leve ao desmadre, tamén habería que salientar que a maioria da xente que sae de peñas en Pontevedra non vai á praza, somentes na procura de divertirse e pasalo ben, impórtanlles máis ben pouco os touros.

Polo que respecta á praza e á corrida, pois que siga desfrutando dela a xente á que lles gusta ese lamentable espectáculo, estou falando dos Rajoy, Louzán, ¿¿Teresa Casal??, Feijoo, Teresa Pedrosa,Telmo Martín.... ¡¡ vaites, semella que isto das touradas ten moita afección entre as filas do Partido Popular !!. Pois nada, que desfruten eles dese "espectáculo" tan fermoso e gratificante, eu por suposto tamén participarei das festas da miña cidade, pero tomándome unhas cañas pola rúa e demostrando que se pode compatibiliza-lo desfrute das festas có respecto aos animais.

O que sigue a continuación, é o video da campaña da Plataforma antitaurina de Pontevedra para este ano 2008, as imaxes deixan fel refrexo da crueldade desta práctica, opinade vós mesmos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 29 xull 2008 09:01 am

Festival “Vibrasons 08″ en Pontevedra

Terá lugar na Praza da Ferrería (houbo troco de ubicación) da nosa cidade os dias 31 de xullo, 1 e 2 de agosto e será a súa segunda edición, o ano pasado tocaran os Cooper e non puiden ir a ollalos, unha mágoa, pero algún dos asistentes subiu un video ao portal youtube e se tedes curiosidade podedes botarlle unha ollada aqui. Para os que non coñezades todavia o festival, comentarvos que bebe de diversos ritmos que van dende o funk, soul ou rythm&blues ate o rock ou a música indie, como foi o caso dalgúns grupos  do ano pasado, dos que destacaron por riba de todos Cooper ou Los Coronas. Un dos puntos fortes do Vibrasons 08, que terá lugar en pleno corazón do casco vello da cidade de Pontevedra, é a súa gratuidade, tódolos concertos son de balde pero o aforo é limitado, asi que se queredes ollar a grupos como o composto polos galegos (e arxentinos) Phantom Club dádevos presa en chegar, de seguro que desfrutaredes/desfrutaremos dos seus acordes nun marco incomparable. Para ir abrindo boca aqui tedes un video dos Phantom Club precisamente, chámase Funksiona e pertence ao seu primeiro disco.

Tendo en conta o amplo abano de ritmos musicais que nos propoñen, persoalmente pediria un grupo de ska ou rocksteady como os Transilvanians para o vindeiro ano.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 26 xull 2008 10:05 am

Un par de apuntamentos sobre o Pontevedra C.F.

Veño de olla-lo novo spot publicitario do Pontevedra C.F. en youtube, un anuncio supoño que para a televisión local e que me acaba de deixar perplexo pola súa simplicidade e escasa calidade. Non quixera ser demasiado duro no meu comentario ao respecto, pero coido que é case que imposible facer algo máis ñoño e con menos convicción que o que veñen de facer, suponse que este traballo de marqueting está dirixido a captar novos socios para a entidade e con material como éste, de tan escasa calidade o que van a conseguir é que non so non cheguen novos socios, senón que os que xa o somos dende hai anos botemos a correr despavoridos. Está claro que o precedente era de moi boa factura, estouvos a falar do anterior spot, aquel no que os xogadores do Pontevedra C.F. corrían tra-la bola polo casco vello da nosa cidade, a verdade é que aquel spot deu que falar, pola súa calidade e a súa orixinalidade, polo tanto a cousa estaba complicada e á vista está que non souberon nin mante-lo nivel do anterior, primeiramente na música elexida, realmente inapropiada, e despois na montaxe das imaxes e no final, coa rapaciña e mailo seu avó (supoño) sentados nas cadeiras e chamando polo novo socio que ha de vir, algo que ao meu modo de ver ficou cutre de máis, non sei, non lle veo punch e coido que pasará totalmente desapercibido, dende aqui un toque de atención a departamento de marqueting do clube granate, que se poñan as pilas e fagan outra cousa, porque con esta película de serie B non imos a ningures.

Do prezo dos abonos xa non quero comentar nada, falouse de recurte de gastos e de apretarse o cinto nesta nova tempada que vai comezar, a pretemporada faise na casa, non se fichou tanto coma outros anos pero os prezos dos carnets seguen a se-los máis caros da categoría, tres anos sen acada-lo obxectivo principal que é o ascenso pero eles non se baixan da burra e seguen a querer gañar cartos, unha consecuencia máis deste fútbol moderno que algúns non compartimos, persoalmente prefiro 8000 socios pagando os abonos máis baratos que 3500/4000 cós prezos actuais, o clube precisa o apoio da masa social e asi será complicado conseguilo, de tódalas maneiras eu estarei ahí un ano máis, diso non teño dúbida. Aqui vos deixo có video en cuestión, opinade vós mesmos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 24 xull 2008 08:30 am

25 de Xullo, dia da patria galega

 

[ A nosa galeguidade provén da fortaleza do espírito, e ainda que carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia.. ] A.D. Rodriguez Castelao (1886-1950)

25 de Xullo, dia da patria galega, o dia de tódolos galegos e galegas, dos que vivimos aqui e dos estades espallados polo mundo adiante, nun dia coma hoxe berremos todos máis forte e alto ca nunca...

SOMOS GALEG@S !!!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre &Tenda 21 xull 2008 01:00 pm

Vendo tres cadeliños de boxer

Xa somos tres máis na familia, estes cadeliños de boxer que teñen ao redor de tres semanas de vida son os novos integrantes, hai un par de dias que xa abriron os ollos e comezaron a andar na procura de aventuras, é unha gozada olla-los xogar e pelexar coas súas pequenas patiñas, son dous machos e unha femia preciosos e residentes en Pontevedra.

Editado 30/07/08 -- XA ESTÁN VENDIDOS

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema e televisión 18 xull 2008 09:30 am

O carteiro Pat e o seu gato Yes…

Foi hai un par de dias no traballo, é dicir, no lugar de traballo pero fóra de horas de traballo, para entendernos, non vaia se-lo conto que chegue isto aos oidos dalgún xefe meu e logo diga que andamos a vaguear no curro...jajaja.

Como dicia, que varios dos meus compañeiros e máis eu falabamos daquelas series de debuxos animados ou series en xeral que nos deixaran pegada nas nosas vidas, e fixádevos se a cousa foi curiosa, que a maioria das series que nos viñeron á cabeza foran emitidas pola T.V.G. nos seus comezos, aló por mediados dos anos oitenta, cando un servidor tiña uns dez ou once anos, daquela sairon nomes como O home goma, as bolas do dragón, falcóns do espacio, Hattori o ninja e algunha máis, pero a máis antiga que un servidor lembraba era O carteiro Pat, un entrañable carteiro do servicio postal británico, que a bordo da súa furgoneta vermella e na compaña do seu inseparable gato branco e negro Yes, percorría povos e vilas repartindo o correo, pasando penurias e dificultades e divertíndonos a todos sempre cun sorriso na súa faciana despreocupada. Pode que este post sexa unha chorrada, pero ao lembrarme daqueles anos nos que a nosa única preocupación era toma-lo bocata de nocilla e chegar a tempo para poder olla-lo capítulo dese dia, esbocei un sorriso de felicidade. Agora non sei que debuxos pasarán pola televisión, de seguro que violentos como os xogos das video-consolas, nada semellante a aqueles debuxos do ano 1985, nunha televisión autonómica que daba os seus primeiros pasos, aquelas series en galego que tanto nos axudaron aos que non eramos galego-falantes a irmos acostumando a un idioma que, os que viviamos na cidade apenas escoitábamos na escola ou na rúa, non estaria mal que voltaran a pasar algunha serie "mítica" e se deixaran de tanto debuxo xaponés violento.

Carteiro Pat, cateiro Pat e o seu gato yes, xuntos pola rúa....

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía &Pontevedra 15 xull 2008 10:00 am

O concesionario na rúa (foto denuncia)

A fotografia que tedes abaixo corresponde á estrada PO-308, a que une Pontevedra con Sanxenxo á altura da urbanización do Pazo de Ferreirós (Poio). A foto foi sacada dende o interior do meu turismo, cando me dispuña a incorporarme á mencionada estrada en dirección Sanxenxo dende a Travesía de Viñas. Como ben podedes apreciar, a visibilidade é totalmente nula, e non se poden olla-los coches que veñen pola estrada, o que si temos en primeiro plano, son varios dos turismos que o concesionario de compra-venda Mara-Poio ten alí estacionados ao longo de todo o dia, nesta imaxe tedes dous, pero en ámbalas dúas beiras da estrada ten multitude deles. Con este artigo non quero entrar a valorar se este concesionario debería ou non vende-los seus coches na rúa, pero o que si solicitaria é que por favor, nese punto da estrada non estacionen eses vehículos -que precisamente tampouco son pequenos- posto que aparcados desta maneira, a probabilidade de que haxa un accidente de tráfico nese lugar é moi alta.

Polo tanto dende aqui, solicito do Concello de Poio unha solución a este problema canto antes, eses vehículos estacionados ahí convírtense nun perigo tanto para os automovilistas como para os peóns, ademais, descoñezo se existe unha ordenanza no Concello de Poio no tocante á venda de vehículos na rúa, pero de non ser así deberian ter unha, a rúa é de todos e non so duns poucos, neste caso, dun empresario local que ten un mínimo de sete ou oito vehículos aparcados diariamente na rúa, algúns como podedes ollar en sitios que entorpecen gravemente o normal discurrir da circulación nunha via de tráfico tan denso como é a estrada que une Pontevedra e Sanxenxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 11 xull 2008 11:00 am

Amy Winehouse, a posible fin dunha fermosa voz

Coñecin a súa música o ano pasado, a cantante británica sacara ao mercado o seu segundo traballo discográfico titulado Back to black cun single do mesmo nome, no que demostra ter unha sensibilidade e unha voz para a música soul fóra do común, daquela época son os seus mellores concertos que poderedes atopar en youtube, tamén as fotografías nas que a británica mostra a súa mellor faciana, porque dun tempo cara a esta parte entrou nunha deriva moi perigosa, semella que algúns artistas teñen que vivir no limbo, e iso é o que está a facer Amy Winehouse. Esta pasada fin de semana puiden ollar na televisión un resumo do festival Rock in Rio, que tivo lugar na localidade madrileña de Arganda del Rey, triste de min, porque o espectáculo que deu a cantante británica foi cando menos lamentable, inda que a xente que estaba alí congregada a coreaba e jaleaba, como non querendo ollar o que alí estaba a acontecer, unha figura tremendamente desmellorada, coa voz completamente rota, visiblimente "colocada" e tomándose o concerto a broma, ríndose cando se esquecia da letra e bebendo copas namentres cantaba as cancións, fixádevos como seria o seu estado, que tivo que trocar os seus zapatos de tacón por unhas "bailarinas", para así non dar cós seus ósos non chan. Vergoña allea foi o que sentín ao presenciar tal lamentable espectáculo, eu que hai escasamente un ano estaba marabillado coa súa voz e o seu estilo inconfundible, teño que recoñecer que éste pode se-lo final dunha carreira musical fulgurante, unha carreira que prometía moito e que pode ser truncada debido á súa adicción ás drogas.

Cabe destaca-lo oficio, a entrega e o compromiso dos seus músicos, xente moi profesional que mantivo o nivel ao longo de toda a súa actuación, demostrando a súa entereza e mailo seu saber estar en todo momento. Quédome coa miña canción favorita de Amy Winehouse, Back to black, a que lle deu título ao seu segundo disco e que na miña humilde opinión, foi a mellor canción do pasado ano 2007, quédome có mellor dela e agardo que se chegue a recuperar, polo seu ben e o da música.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 07 xull 2008 09:00 am

¿Manifiesto en defensa de la lengua común?

Este pasado fin de semana entereime da nova ao traveso do novo blogue de Luis (ex radio Macuto), un blogue pontevedrés chamado a Eiriña de pedra, lugar no que como antes xa adoitaba facer, fala de infinidade de cousas que lle veñen á cabeza. Xa escoitara dias atrás algo do tema este do Manifiesto en defensa de la lengua común, iniciativa presentada no Ateneo de Madrid e respaldada por unha serie de escritores e intelectuais, pero tamén por deportistas, entre os cales está o galego Óscar Pereiro, -sobre o cal gardareime calqueira tipo de comentario ao respecto-, aqui tedes un extracto do mencionado manifesto.

Un servidor non pode máis que ficar perplexo ante tamaña actitude de desprezo ás línguas periféricas, como se demostra ao publicar un manifesto no cal nunha das liñas afirma que o castellano es  la única lengua JUSTA y OFICIAL de todos los españoles ou noutra liña na que di que Es lógico suponer que siempre habrá muchos ciudadanos que prefieran desarrollar su vida cotidiana y profesional en castellano, conociendo sólo de la lengua autonómica lo SUFICIENTE para convivir cortésmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella, o cal reduce a aprendizaxe da nosa língua TAMÉN COMÚN A TÓDOLOS GALEGOS ao emprego folclórico e meramente cultural, vamos, que se poidan entender para pedir unha tapa de polbo, de raxo ou unha cunca de viño nunha feira, pouco máis, pero que logo, cando vaiamos a unha dependencia administrativa da Xunta o empregado de turno (cando ti lle fales en galego) nos atenda en castelán porque di descoñece-lo galego ou non lle apetece empregalo, xa que politicamente non vai coas súas ideas e atópase exercendo o seu dereito de liberdade de expresión. Dende Madrid, as Nuevas Generaciones del Partido Popular do GALEGO Mariano Rajoy sumáronse á iniciativa e están recollendo sinaturas para o manifesto, denunciando o [...Apartheid lingüistico...] que sofre o castelán neste territorio galego no que vivo (paradoxas da vida, aqui o asoballado é o castelán, ver para crer) governado polos "batasunos de PsG-PSOE e mailo B.N.G ", os cales nos van a levar ao máis completo e absoluto caos político, social e económico, faltaría máis. Logo terán a caradura de vir aqui cando cheguen as eleccións municipais/autonómicas falándonos de que defenden esta terra, as nosas infraestructuras e a nosa economia, pero tamén se lles encherá a boca falando dos nosos costumes, da nosa língua "que tan bién suena" e das vaquiñas e dos prados, rios e arboredas, pinares que move o vento.... en fin, a demagoxia e mailo folclorismo de sempre, o típico discurso en Madrid e de Santiago, que adoitan ser diferentes cando chega á hora de recolle-lo voto.

¿Que terán que dicir disto as Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia? ¿que terá que dicir o autónomo Feijoo? ¿terá que pregarse ao discurso ofrecido dende Génova ou será quén de ter unha visión particular e galega de todo isto? Teño curiosidade por coñece-la opinion do blogueiro César Abal sobre todo este tema, polo de pronto aqui tedes o Manifesto pola língua común proposto polo polifacético Antón Reixa.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 05 xull 2008 01:00 pm

Unhas vacacións en Dublin III (ocio)

Se hai algunha cousa da que os irlandeses desfrutan por enriba de todo é do seu tempo de ocio, segundo teño entendido, na cidade de Dublín existen ao redor de 1000 pub’s en funcionamento, algo que non debe de sorprendernos demasiado, xa que en calqueira vila ou cidade galega de seguro que si lle damos unha patada a unha pedra atoparemos debaixo un bar ou unha cafeteria.

Na miña curta pero aproveitada estancia en Dublín, puiden comprobar de primeira man a importancia que ten para eles desfruta-lo tempo de lecer en compaña e no pub, que por se algún de vós o descoñecedes, a palabra pub provén de public house, ou sexa, a casa pública ou a casa de todos, o lugar por onde o irlandés adoita pasar despois da súa xornada laboral a tomar unha pinta. Tanto ten que sexa sábado coma domingo ou luns, os pub’s sempre estaban ateigados de xente, incrible pero certo, sendo luns e estando de vacacións agardaba atopa-lo pub valeiro ás dez da noite, pois non, ali estaban unha chea de paisanos tomando as súas pintas e ollando de reollo as televisións onde botaban as carreiras de cabalos, apostar, outra das súas afeccións. No tocante ás cervexas máis consumidas polos irlandeses deume a impresión que os gostos están a trocar, por suposto que a máis consumida era a Guinness Stout, seguida doutras irlandesas como a Kilkenny Beamish ou a Murphy's, pero tamén puiden ollar como consumian tamén moito a Paulaner, unha cervexa alemana, polo tanto o tópico de que os irlandeses somentes consumen a stout cada dia ten menos credibilidade.

Acompáñovos o texto cun par de fotos sacadas nalgúns dos pub’s que puiden visitar na miña visita cultural cervexeira a Dublín, o Cassiddy’s que foi o primeiro pub que visitei e no que degustei a miña primeira pinta 100% irlandesa, o Whelan’s no que desfrutamos da irish music en directo, un pub dos máis sobranceiros da cidade e o Bledding Horse, o pub que tiñamos debaixo do hotel e polo que nos pasabamos cada noite antes de recollernos, sempre a tope de xente e cuns camareiros moi simpáticos aos que lle tiña que berrar para pedir unha ronda. Caso aparte foi a visita á St. James’s Brewery, a fábrica da famosa cervexa negra Guinness, pero diso, como xa vos comentei antes da viaxe, haberá un capítulo especial do mundo da cervexa para falar delo.

Unha vez máis recoméndovos a viaxe a Dublín, cidade cosmopolita, acolledora, cunha chea de cousas para ollar e para divertirse, mágoa que sexa un chisco cara de máis, pero tamén supoño que os soldos alí non serán os que temos aquí, senón estaban apañados, por certo, como non ia enche-lo artigo con multitude de fotos, máis que nada porque o espazo non da para máis, podédesvos pasar polo meu flick-r a botarlle unha ollada a algunha foto máis que subin estes dias.

Para rematar, dicirvos que inda que a Guinness é unha magnífica cervexa negra, a miña sout preferida segue a se-la Tennent's escocesa, descubrinna hai uns dez anos no pub Scottish Higlander de Pontevedra, xa pechado, agora non a atopo por ningures, agardo tamén desfrutala en vivo nun pub de Glasgow ou Edimburgo un dia destes, pero iso xa é outra historia.

Como ben din os irlandeses, Slàinte !!!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Axenda &Política 03 xull 2008 11:00 am

Cespa e mailos seus empregados

De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de Cespa, os cales de seguro coñeceredes por películas como Tocándole los huevos a Pontevedra ou Los más chulos del barrio somos nosotros. Pois iso, achégase un verán máis e como cada dous anos -coincidindo exactamente coas negociacións do seu convenio laboral- os ínclitos empregados da concesionaria da recollida do lixo na nosa bendita cidade veñen coas súas xustas ou inxustas, non saberia definilo, reclamacións laborais, pero como xa dixen, cada dous veráns os maiores perxudicados somos nós, os cidadáns de a pe, os que paseamos, traballamos ou pasámolo rato polas rúas da nosa cidade, unha vez máis e non sei cantas irán, un conflicto laboral entre unha empresa privada e mailos seus privados traballadores salpica ao resto dos mortais que non temos culpa de nada e pagámolos nosos impostos, incluida a taxa pola recollida do lixo, facede algo de memoria e lembrade aquel "problema" que tivemos coa concesionaria do servizo de guindastre de Pontevedra, aquelas semanas nas que a nosa cidade ficou inmersa nunha "anarquía automobilística" total.

Persoalmente coido que o Concello non debería inmiscuirse nos conflictos laborais dunha empresa privada, e máis cando ano tras ano nos toman o pelo desta maneira, pero isto xa comeza a ser unha chantaxe en toda regla á cidadanía, agardando precisamente ás festas da Peregrina, o intre no que chegan á nosa cidade miles de visitantes e os pontevedreses queremos desfrutar das nosas rúas e prazas. Coido que Raimundo González, na medida do posible, deberia facer un pouco de forza e presionar a Cespa para que resolva o conflicto cós seus traballadores e asi acada-la desconvocatoria da folga prevista, xogámonos moito nelo

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Internet &Pontevedra 02 xull 2008 09:00 am

Naceu www.pontevedracultura.org

Pode que xa coñezades esta web que foi presentada hai un par de semanas na nosa cidade, concretamente nun acto na Casa das campás, no casco vello pontevedrés, pero por se acaso non sabedes nada do tema achégovos esta nova. Trátase dunha web ou portal cultural con unha chea de información de actividades de todo tipo a desenvolver na nosa cidade, navegando un pouco por ela estes dias puiden atopar información de concertos, de teatro, ou de cinema, a súa navegación é bastante sinxela e tedes cumprida información con datas e horarios de moitas das actividades que se han desenrolar en Pontevedra de aqui en diante, para a xente que coma min, non podemos botarlle unha ollada ao xornal tódolos dias é unha axuda imprescindible contar cunha web destas características, asi que xa sabedes, poñédea nos vosos favoritos e estaredes ao tanto de todo o que se move na nosa cidade, sobre todo este verán que ven cheo de concertos e actividades varias para non parar en todo o dia.

A súa url é www.pontevedracultura.org, e por certo, non vaiades pensar que teño algo que ver con eles, nin moito menos, o meu é altruismo puro e duro, somentes quixen compartir con vós esta información que coido é sobradamente importante para calqueira veciño da nosa cidade con "inquedanzas" culturais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google