Cargando...

Monthly Archiveoutubro 2008



Galiza &Historia 31 out 2008 01:00 pm

A noite de defuntos, o noso Samahín celta

Calacú decorado

Algún de vós se preguntará o porqué do festivo do dia 1 de novembro, a explicación é moi sinxela, ese dia celébrase o dia de defuntos e para os namorados da cultura céltica coma min o Samain (Samahín en gaélico) , ésta era unha festividade pagana, a noite do 31 de Outubro era o fin de ano para os povos do arco céltico, entre eles Galiza, tamén é a festa en honra aos defuntos marcando a transición do solsticio de outono ao de inverno. A festa do Samain era a máis importante do periodo pre-cristián, nesta data acendíanse lumes sagrados frotando pónlas de serbal e teixo, con elas quentábanse as lareiras  de tódalas casas, tamén era costume a de baleira-las cabazas (antes disto empregáronse nabos) para colocarlles dentro candeas que logo se colocaban nos cruces, nas portas das casas e en infinidade de lugares, esta tradizón inda se mantén viva no noso País na chamada "Noite dos calacús", noite da que teño participado algunha vez e da que vos recomendo tamén desfrutar, concretamente en Vilaboa, perto de Pontevedra, tedes unha festa dos calacús tódolos anos na taberna galega "A casa dos druidas", non sei se inda seguén con esa "oferta", pero ao que chegara á festa cunha cabaza decorada regalábanlle unha consumición, esa noite xúntase moita xente a celebra-la noite de defuntos, hai música en vivo e queimada. Convén non trabucar a noite dos calacús ou celebración do Samahin celta coa máis recente noite de Halloween que tanto se puxo de moda, sobre todo nas cidades, a noite de Halloween probablemente foi exportada aos EE.UU. polos emigrantes irlandeses entre finais do século XIX e principios do século XX e na miña modesta opinión, é unha celebración máis que nada comercial, non hai máis que olla-lo bombo que lle dan firmas comercias como McDonald's.

O dito, na noite de defuntos non vos esquezades de poñer na fiestra do voso cuarto un calacú acendido e o dia de defuntos darvos un bo atracón de "osos de santo", que tamén hai que darlle unha alegria ao corpo e están boísimos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 30 out 2008 09:00 pm

Festival Floorstomper 60′S weekend en Pontevedra

Menuda sorpresa, un dos meus grupos preferidos do pop español, chámeselle mod ou chámeselle indie son Cooper, e esta fin de semana tocarán en Pontevedra, xa estiveran hai un par de anos na praza do Teucro, no festival vibrasons, pero daquela nin me decatara do tema, asi que o concerto da noite do venres é unha magnífica oportunidade para olla-los en directo, hai anos que estou fascinado con cancións súas como Cierra los ojos, canción del viernes, un dia de furia ou Diciembre, auténticos temas cheos de boas melodias e mellores letras da man de Alex Diez (Ex flechazos) e maila súa banda.

cartaz do festival

Asi que tentarei convencer ao meu irmán e pasarme pola sala Karma esta noite de venres, o concerto será a iso das 22:00 horas e se algún de vós está interesado, nesta web do festival poderes obter maís información.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema e televisión 29 out 2008 11:39 am

¡¡ Vivamos como galegos en New York !!

A xente de Gadis non deixa de soprenderme, unha vez máis, e aproveitando o filón que supuxo a súa campaña de Vivamos como galegos, hai uns dias que están pasando nas televisións a última (e agardo que no derradeira) entrega de esta escolma de tópicos e virtudes das que tódolos galegos e galegas temos sacado peito nalgunha ocasión. Aconséllovos non perde-la ocasión de botarlle unha ollada e desfrutar coas polbeiras e mailos peliqueiros por Manhattan ou do gaiteiro subido nun dos miles de cab's que percorren as rúas de Nova Iorque.

Decididamente a visión de mercado do departamento de marqueting e publicidade dos supermercados Gadis é grande, moi grande, o feito de emprega-las novas tecnoloxias, fai que involuntariamente a túa mensaxe chegue en pouco tempo ás redes sociais, blogues e páxinas web's, isto é algo básico e que cómpre facer hoxendia se queres estar neste mundo, para mostra un botón, o seu primeiro corto de Vivamos como galegos foi colgado no youtube e tivo perto de 200.000 visitas, publicidade de balde e directa ao consumidor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 20 out 2008 10:16 pm

A campaña electoral comeza ben cedo

Dende o pasado fin de semana comezou unha campaña de acoso e derribo ao bipartito que governa actualmente na Xunta, ou alomenos iso é o que dan a entender cartaces coma o que hoxe mesmo puiden ollar perto de Pontevedra, concretamente ao pasar por diante do Centro Comercial A Barca, en Poio, aqui tedes un semellante, xa que nese intre ia conducindo e non lle puiden tirarlle unha foto.

O mural en cuestión, que non vai asinado, reproduce nun perfecto galego normativo o lema de GRACIAS POR NADA Y ADIÓS BIPARTITO (o de Poio estaba en castelán), non sei se desconfiar da xente de Galicia Bilingüe ou da Mesa por la libertad lingüistica, pero segundo puiden ollar en Libertad popular, dame que é cousa da xente da gaivota, que polo que semella andan moi convencidos de gaña-las vindeiras eleccións autonómicas. Non quero entrar a valorar o feito de facer unha campaña tan valente, inzando o País de cartaces anónimos pagados por Génova (supoño), pero amigo Alberto, asi coido que non se gañan unhas eleccións, non estamos nos EE.UU. para facer campañas de desprestixio deste calado, ¿que será o seguinte?, ¿sacar algún video morboso no youtube, tal vez algún pasado turbio de Quintana en Allariz ou de Touriño nas praias do Salnés ?, para pasado incómodo xa temo-lo de Manuel Fraga na ditadura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 17 out 2008 09:00 am

Fuxan os ventos, historia viva do noso País

Fuxan os ventos - Quén a soubera cantar

Moitos de nós medramos coas súas cancións, temas éstes que hoxendia seguen a ser verdadeiros himnos que nos falan de liberdade e democracia para tódolos galegos e galegas. Fuxan os ventos formáranse aló polo ano 1972, cando eu inda non nacera, a cidade de Lugo foi o berce dun grupo que chegou a se-lo máis senlleiro da canción protesta galega xunto con Suso Vaamonde, cancións como cantiga para adormiña-la lembrazaromance da lavandeira ou meu amor mariñeiro fanme tremer de emoción despois de máis de vinte anos escoitándoas, as súas letras fálannos das penurias e dificultades que os nosos pais e avós pasaron no seu dia e do dificil que foi acada-lo grao de autonomia e de liberdade que temos os galegos e galegas do século XXI.

Estes dias están de novo de actualidade, Fuxan os ventos voltan con novo disco após de máis de vinte anos sen subir a un escenario, presentarán Terra de soños este fin de semana en Compostela e algún afortunado poderaos ollar en directo, namentres eu déixovos con un dos mellores e máis coñecidos temas que gravaron, meu amor mariñeiro, unha canción que fala do mar e dos nosos mariñeiros, de liberdade e de esperanza nun futuro mellor para Galiza... o video non é oficial, é unha montaxe fotográfica que atopei no youtube, de tódalas maneiras disfrutádea igualmente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 13 out 2008 03:07 pm

Comeza unha nova andaina na miña vida..

No ano e pico de vida deste blogue non tivera un paréntese sen publicar de tanto tempo, hai case dúas semanas que non escribia unhas liñas e abofé de que non era por non ter nada que contarvos, máis ben foi motivado pola falla de tempo. Para os que me coñezades, saberedes que nos vindeiros tres ou catro meses comeza o periodo no que teño máis traballo de todo o ano, asi que o número de publicacións descenderá notablemente polo tanto, ademais a isto haille que engadir unha importante novidade na miña situación familiar, para o vindeiro mes de marzal terei o meu primeiro fillo/a e supoño que todos comprenderedes que iso tamén influirá (e moito) en base a recurta-lo pouco tempo libre do que xa dispuña, atópome moi ilusionado e queria compartilo con todos/as vós, o meu pequeno mundo xa está a mudar e nuns meses farao todavia máis, enceto unha nova andaina na miña vida, a de ser pai e responsable dun cativo, unha tarefa para a que non recibín clases, non hai evaluacións nin notas finais, o dia a dia será o que me examine e pretendo facelo o mellor posible, alomenos porei toda a miña intención, folgos e ilusión para que así sexa.

Nestes dias nos que non publiquei aconteceron unhas cantas cousas interesantes, ademais da crise que nos atenaza e que pasa por se-o punto máis "quente" da actualidade e da que falamos a cotio, quixera destacar como algo significativo o feito de que por fin os políticos galegos se puxeran dacordo e ao unísono condenaran o franquismo -fóra das saidas de todo habituais de Manuel Fraga-, considero moi importante que o Partido Popular de Galicia rompera con Madrid por unha vez na súa vida e fora quén de condena-las atrocidades que se fixeron na Guerra Civil española, agardemos que a partir de agora se abra unha nova xeira na que o entendemento, ou alomenos os acordos puntuais entre os diversos grupos que conforman o arco parlamentar galego, sirvan para sacar adiante iniciativas e propostas que redunden no beneficio de tódolos galegos e galegas, dende aqui quérolle da-los parabéns a Alberto Feijoo e a todo o Pepé galego pola súa valentia, que sabedores da chuvia de críticas que lles caeria enriba fixeron o que debian facer, xa non somentes por principios, senón por solidariedade cós miles e miles de galegos represaliados despois do 1936. 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google