Cargando...

Monthly Archivenovembro 2008



Actualidade & Pontevedra 27 nov 2008 03:31 pm

Os veciños do Burgo e Lérez en pe de guerra

Hai dias, antes de que a nova saira nos xornais e que o resto da cidadanía de Pontevedra tivera coñecemento dos plans da Conselleria de Vivenda para a zona do Burgo e Lérez, os veciños desta populosa zona de Pontevedra xa se encontraban coa mosca detrás da orella, eu tamén xa ollara algún cartaz pegado en portas e farolas, o ruxe ruxe falaba de vivendas socias ou vivendas de promoción oficial (V.P.O.), as novas eran algo confusas, certo é que non son a mesma cousa e có problema do Vao tan perto pois a inquedanza da xente era algo normal. Dias despois xa temos algo máis de información, onte mesmo os veciños xuntáronse cós técnicos da conselleria na Auditorio de Caixanova, a orde do dia era explicarlles en que consisten exactamente as intencións da Xunta de Galiza e os números foron postos enriba da mesa, 2.026 vivendas de P.O. na zona de Pasarón e arredores, ou o que é o mesmo, 209.000 metros cadrados dentro dos cales serian afectadas unhas 21 vivendas unifamiliares, o resto do terreo coresponderia a leiras.

Foto do Diario de Pontevedra

A miña incredulidade é tal que supoño estará á altura da dos propios veciños da zona, ¿como pode ser que prentendan sacar a familias enteiras das súas casas, vivendas nas que conviven varias xeracións para metelas nun piso?, ¿como pode ser que cando todo o tinglado de Tafisa non se construiran alí V.P.O. e nese caso se vendera o metro cadrado a prezo de ouro para promover vivenda libre? existe un vello refrán que di que non se pode desvestir a un santo para vestir a outro, pois iso mesmo é o que pretende facer a Consellería de Vivenda e Solo, estamos dacordo en que é preciso liberalizar solo en Pontevedra para promove-la construcción de vivendas de protección oficial, cando eu quixen merca-la miña hai cinco anos non habia á venda nesta cidade, pero o que non se pode é pretende-lo facer a costa da xente, de familias que levan anos e anos vivindo alí, a quén defendemos señores ¿á cidadanía ou aos intereses privados de catro constructores?.

Chuzame! chúzame -

Actualidade & Pontevedra 24 nov 2008 08:00 am

ENCE chantaxea á Xunta e a tódolos pontevedreses

¿Pero quén é esta xente para tratarnos desta maneira aos pontevedreses? As manifestacións feitas hai un par de dias polo Sr. Juán Luis Arregui son duha chuleria e dunha prepotencia sen parangón, que supoñen unha chantaxe en toda regla, [..ou a Xunta outórganos a concesión eólica ou ficaremos aqui trinta anos máis..] menudo sobrado o presidente do Grupo ENCE.

fábrica de ENCE na ria de Pontevedra

Non sei se estaredes dacordo coa miña apreciación, pero a min antóllaseme que o feito de proferir unha amenaza de tal calibre pode estar dicíndonos que efectivamente ENCE supón un grave problema para o noso medio ambente e o que é máis importante, para a nosa propia saúde, senón a conto de qué ven iso de ameazarnos con que no 2015, e a tres anos da fin da concesión, solicitarán unha prórroga de trinta anos máis, este individuo está recoñecéndome implicitamente e de primeira man, que a fábrica suponme como cidadán de Pontevedra un serio problema e que como a Xunta non lles dea esa contraprestación que están a procurar vanme estar jodendo a vida ata que me xubile.

Persoalmente considero este novo movemento por parte de ENCE unha chantaxe total, e ademais no pior intre, coa xente agobiada pola crise e sensible a todo o que teña que ver cós postos de traballo, senón son tontos os de ENCE non, e o señor Arregui saiunos gallito de pelea..

Chuzame! chúzame -

Caixón de xastre 21 nov 2008 08:05 am

Adeus para sempre Musa

Hoxe cúmprese unha semana dende que non estás conmigo e xa te boto de menos, pero sobre todo a outra cadela, a túa filla e compañeira que ultimamente anda moi tristona e calada porque non ten con quén xogar, con catorce anos estabas chea de vida, pero dende o teu derradeiro parto as cousas cambiaran, a morte dos tres cachorros xa non fóra un bo presaxio e ti despois diso xa non fuche-la mesma, nin recuperache-la forma física nin tampouco o ánimo e as gañas de xogar coa pelota, cós paus ou de pelexar con Noa.

Moito te botarei de menos Musa, ti ben sabes que pola semana non tiñamos demasiado tempo para xoga-los tres, pero os sábados e domingos que ben o pasabamos, agora somentes quedamos Noa e máis eu, agardemos que a familia aumente un dia destes e voltemos a ser tres os que paseemos polas xunqueiras do Lérez, namentres seguiremos lembrándonos de ti e das boas tardes de domingo que nos fixeches pasar...

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 17 nov 2008 09:54 pm

Pekin Express

Non sei se algún de vós é asiduo coma min a este reality-show ou docu-show que pasan por Cuatro os domingos pola noite a iso das nove e media, eu dende o principio estiven enganchado ao programa presentado pola galega Paula Vázquez, non por ela, -que tamén podia ser obviamente- senón polo feito de que o formato xa o coñecera noutra televisión da T.D.T. da cal agora non me lembro, programa aquel que emitian os sábados e o cal xa me chamara poderosamente a atención.

Ainhoa e Idoia

En poucas palabras, consiste nunha carreira por etapas na cal os concursantes teñen que viaxar de San Petersburgo ata Pekín cós seus propios medios e cun euro unicamente de presuposto, o máis destacable a capacidade de inventiva que teñen que te-los participantes e a incrible hospitalidade da xente alá por onde van pasando, sobre todo da povoación rural rusa, nunca na miña vida ollara cousa igual. Para a miña desgraza, a parella que eu tiña como favorita, dúas xemelgas chamadas Ainhoa e Idoia abandonaron no programa de onte por causa de forza maior, asi que agora toca sustitui-las por unha das tres que quedan ainda no programa, xustiño agora que entra na recta final e entran en China.

Por certo, Ainhoa ten unha certa semellanza con Amaral, ¿non vos parece?.

Chuzame! chúzame -

Pontevedra 15 nov 2008 10:15 am

Concentración antifeixista en Pontevedra

Cartaza da concentración

Hoxe na praza da Peregrina da nosa cidade, concentración en resposta a agresión sofrida por un mozo antifeixista e veciño da nosa cidade hai dias, non podemos ficar calados ante feitos tan graves como éste, Pontevedra e a súa cidadanía rexeitan calqueira tipo de fascismo e de racismo.

Pontevedra 100% antifascista !!

Chuzame! chúzame -

Deportes 12 nov 2008 03:37 pm

Ninguneados pola T.V.G e esquecidos pola Xunta

Hoxe tiven coñecemento de que o ente de televisión autonómico non retransmitirá os partidos do Pontevedra C.F. nin tampouco os do resto dos equipos galegos de 2º B e de 2º A (a excepción do Celta de Vigo) e que, motivado por isto, o Pontevedra C.F. impediralle o acceso ao municipal de Pasarón os dias de partido, ou sexa, que non teremos retransmisións de partidos en directo nin tampouco imaxes nos posteriores resumes que a T.V.G. emita, estou falando de En Xogo por exemplo. Polo que semella habia xa un principio de acordo que foi roto uniteralmente por parte da televisión galega alegando que o fútbol de segunda división xa non vende e non lle interesa, entón ¿onde están os intereses dos galegos e galegas que non somos do Deportivo ou do Celta?, teñan en conta que cós nosos impostos pagamos a nosa televisión, nin máis nin menos.

O municipal de Pasarón

Non son quén de remexer na merda nin buscar conspiracións agochadas tras decisións desta índole, pero o feito de que o Pontevedra C.F. coma terceiro equipo en importancia da nosa comunidade (con permiso do Racing de Ferrol) sexa ninguneado unha e outra vez polos poderes autonómicos xa cheira, cheira porque as relacións T.V.G. vs Pontevedra C.F. nunca foron boas, porque para o novo Pasarón todo foron  trabas e atrancos á hora de enceta-la obra e de rematala tamén por parte da Xunta de Galiza, todos sabedes que imos con retraso e desfasados no presuposto e por último tamén cheira porque este vindeiro mes de nadal terá lugar o cuarto partido oficial da Selección Galega, e polo de agora nunca tivemos un xogador "granate" na súa aliñación, nin titular nin tampouco na banqueta, nin antes con Fran Rico nin agora con Óscar Guimeráns, e moito me temo que este ano será tamén máis do mesmo, de se-la sede dun partido xa non digo nada polo de agora, pero agardo que teñamos sorte para o 2010, có campo rematado por fin.

En fin, que aquí fica a miña opinión persoal, so agardo que ambas partes cheguen a un entendemento e os granates da diáspora poidan escoitar e ollar algún partido do Pontevedra C.F. de cando en vez.

Chuzame! chúzame -

Internet 05 nov 2008 08:30 am

¿Novo radar nas estradas? [foto]

Un visitante deste blogue enviume estas dúas fotos hai cousa duns dias, semella tratarse dun novo radar, ou máis ben dunha nova forma de ubicar os rádares nas estradas e autoestradas, polo de agora e despois de pescudar en varios foros non puiden constata-la súa existencia, pero de ser certo, supoño que en breve entrarán en funcionamento, porque en temas de recadación á D.X.T. non hai quén lles gañe, e o incremento das multas por exceso de velocidade neste último ano é unha boa mostra delo, outra cousa é que, por exemplo, como saiu publicado en diversos xornais, somentes reinvistan na nosa coumunidade unha mínima parte do que ingresan por estes medios.

 

Polo de agora aqui tede-las fotos que están circulando por internet, pode ser un mail-broma deses ou pode que non,  se ate o de agora procurábamos fixarnos nas caixas brancas ao carón do asfalto, agora con esta nova inventiva a cousa semella un pouco máis dificil, polo tanto e como dicia aquela canción..

¡¡ Precaución amigo conductor !!!

Chuzame! chúzame -