Cargando...

Monthly Archivexaneiro 2009



Internet & Política 30 xan 2009 03:24 pm

A retirada do cheque-bebé, outro bulo de internet

Supoño que non serei diferente a moitos de vós, teño o costume de cando estou no baño afeitándome prende-la radio para escoitar un chisco as noticias, adoito facer isto ao redor das sete e media da mañá máis ou menos, pois ben, o pasado sábado dia 24 de xaneiro deume por sintoniza-la COPE, porque para estar informados cómpre escoita-las dúas versións dunha mesma actualidade, estaba eu escoitando o informativo de Jimenez Losantos -ese home que ten pleitos coa xustiza- cando falou do famoso cheque-bebé, e un servidor como sabedes vai ser pai en breve, a finais de marzal para sermos máis exactos, pois iso, que nestas escoito iso e súbolle o volume á miña radio cutre de H.S. for men para escoitar con claridade do que falaban.

Entre que eu estaba inda estaba medio sopa e que o tio ese dalle máis voltas que un trompo a todo, pareceume escoitar que falaban de que ian retira-la axuda do chamado cheque-bebé neste 2009, que se os sindicatos falaban de que era algo prescindible, que con esta crise galopante que estamos a viver a Axencia Tributaria non se podia permitir un despilfarro de 1233 millóns de euros anuais, en fin, que xa coidaba que era verdade ese bulo que leva dende o pasado ano dando voltas pola rede e asegurando a súa inminente retirada. Reposto do inicial sobresalto comenteillo á miña muller, a cal aseguroume que efectivamente, nas clases pre-parto lle comentaran que o ian retirar, que llo escoitaran asegurar a fulanito de tal, vamos, máis intranquilidade se cadra, xa seria unha tremendísima putada que a primeira axuda estatal que vou receber na miña vida a vaian a retirar un mes antes de ter dereito a ela, ¡¡ joder, que cruz a miña !!, acto seguido póñome a pescudar pola rede información de todo iso e atopo unha  nova tranquilizadora..

“Es una Ley, no una cosa que pueda quitarse de la noche a la mañana”

Es imposible que la ayuda de los 2.500 euros por hijo desaparezca de buenas a primeras”. De esta forma tan contundente se expresó estos dias una portavoz del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ante el rumor, cada vez más extendido, de que el Gobierno planea eliminar el conocido como cheque bebé en el 2009 por culpa de la crisis económica.
Este “bulo”, como lo califican fuentes gubernamentales, ha crecido sustentado por la “ignorancia” de la gente y se ha expandido rápidamente gracias a internet, donde en numerosos foros muchos ciudadanos se han hecho eco de este rumor.


Asi que quixera tranquilizar a tódolos que estexades na miña mesma situación, as cousas pintan mal, todos o sabemos, pero polo de agora non tanto coma para retirar esta importante axuda coa que contamos, nin esta nin tampouco a axuda dos 100 euros mensuais ás nais traballadoras, non estamos á altura das axudas sociais que dan governos coma o alemán pero alomenos temos algo, a povoación galega e española son das máis envellecidas do mundo, se queren fomenta-la natalidade a retirada destas axudas non serian unha boa medida en absoluto, e menos agora en época de eleccións, alomenos en Galiza e Euskadi.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 26 xan 2009 10:13 pm

¿Renovación ou volta atrás?

O candidato do Partido Popular (galego) á presidencia da Xunta de Galiza, o de sobra coñecido por apaga-los lumes coa mangueira de rega-los xeranios, prometia hai semanas unha renovación das listas de cara aos vindeiros comicios autonómicos galegos, se mal non entendo, renovación tradúcese en novas caras, xente moza nas ringleiras do partido, o mesmo que fixo por exemplo Telmo Martin con Jacobo Moreira en Pontevedra, dando por sentado isto, non entendo o empecinamento en tirar de hemeroteca e voltar a sacar do baúl do faiado a Manuel Fraga, ¿acaso Alberto non confias dabondo no teu potencial como político para capta-lo voto exterior?, digo isto porque dende hai dias o Partido Popular está a emprega-la foto do ínclito Alberto departindo amizosamente con Manuel Fraga, máis que nada por aquilo de que os galegos da Arxentina, os mesmos que tanto ten que estexan vivos ou mortos para votar, non se esquezan que na amada Galicia de Rosalía e Pondal a sombra de Fraga é mesta e alongada, e sempre está pendente de calqueira cousa que fagamos.

A famosa foto que xa circula por Bos Aires (Arxentina)

Esta imaxe faime lembrar a aquelas nas que o photoshop triunfaba nos comicios galegos, cun Manuel Fraga máis e máis xove a cada lexislatura, unha cousa era un retoque fotográfico, outro o escándalo de facerlle un lifting facial e que semellase un home de corenta ou cincuenta anos, en fin, Alberto e compañia, vós saberedes o que facedes, persoalmente coido que Fraga é pasado, mellor ou peor segundo quén o conte, pero pasado ao fin e ao cabo, e cómpre que afrontedes o futuro sen ataduras, senón tomade exemplo de Mariano, que tan pronto puido e tivo ocasión soltou lastre. 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pontevedra 23 xan 2009 10:37 am

Xa temos proxecto para o Museo de Historia da Cidade

museocidade1.jpg

Un equipo de cinco arquitectos de Madrid ven de gaña-lo concurso de anteproxectos do Museo de Historia da Cidade de Pontevedra, que vai vir cubrir os restos arqueolóxicos da praza de Valentín García Escudero.

O proxecto final foi escollido de entre 82 propostas recibidas no concello, non so de estudos de arquitectura de Galiza, senón de moitos de Madrid ou de fóra de España, o que persoalmente sorprendeume gratamente, poñendo a Pontevedra no mapa en moitos lugares.

Continue Reading »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía & Internet 22 xan 2009 03:00 pm

Inclúen unha das miñas fotos nunha web-guia de Dublin

Hai xa varias semanas que recibín un correo flick-r moi especial, tratábase de Emma J. Williams, a Managing Editor das Schmap Guides, que ven sendo unha web con guias e cartografia para G.P.S. sobre capitais do mundo enteiro, ben, pois como dicia, o outro dia remitiume un correo có obxecto de incluir na súa web, unha das fotos que saquei o pasado verán nas miñas vacacións na capital de Irlanda, despois de recuperarme da impresión inicial ¡¡vaites!! ¿solicitan unha foto miña para incluila nunha guia turística? contesteille a Emma no meu inglés de andar por casa, pero que en Dublin axudoume moito para pedir pintas nas tabernas e tiquets nos museos.

Facede click no mapa para olla-la captura da web a maior tamaño.

A foto en cuestión é a que podedes ollar aquí na miña galeria de Flick-r, supoño que seria elexida pola textura das súas cores, polo simboloxismo do lugar ou polo modelo paisano que posa todo orgulloso có mapa de Dublin na man, máis que nada para non perderse na zona do Temple Bar, que ven sendo o casco vello da capital de Irlanda. Pois nada, queria compartir con todos vós este intre de ledicia e regocixo persoal, menudo agasallo para comeza-lo ano o desta guia, por certo, a foto foi sacada pola miña muller, asi que pensándoo ben, ela é a verdadeira artífice desta (coido que) fermosa foto.

Thank's Emma, best regards from Pontevedra in Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade & Política 15 xan 2009 09:25 pm

¿A ninguén lle importa Palestina?

Será que non teñen bolsas de gas natural, que non son posuidores de importantes xacementos petrolíferos e mineiros ou pode que sexa tamén porque nunca tiveron importantes aliados occidentais, pero coido que máis ben será que sinxelamente a ningún governo occidental lle interesa a causa palestina o máis mínimo, que éstes atópanse demasiado ocupados coa crise económica como para preocuparse agora dunha crise humanitaria ou dunha guerra encuberta que nos colle demasiado lonxe do mundo civilizado occidental.

Bombardeo de Gaza (Foto de xornal.com)

Non quixera erixirme en baluarte da defensa do povo palestino, non é a miña intención a de empregar este medio de comunicación para facer soflamas ou encendidas chamadas á solidariedade con esta xente que está a ser asoballada vilmente dende hai tres semanas, máis ben o único que pretendo é apelar ao sentido común, o meu e mailo dos nosos governos que están en posición de facer algo para parar esta tremenda inxustiza. Non hai dúbida de que Israel como estado soberano ten dereito a se defender, supoño que tamén terá dereito a emprega-las armas para tal fin, pero o que non é para nada xustificable é que, apelando á defensa da súa povoación estexa a bombardear con artilleria, helicópteros e aviación a toda unha povoación civil que na súa maior parte non terá culpa do que fagan Hamas ou Al-fatah, que somentes están preocupados de subsistir dia a dia, non hai dereito a que o povo xudeo, que noutrora foi asoballado e case exterminado pola Alemaña de Hitler, faga agora exactamente o mesmo con outro povo que non ten tampouco patria recoñecida, os palestinos están a ser masacrados dende hai décadas, son encerrados no seu escaso territorio, son destruidas as súas casas e terreos de labranza e condenados a viver sen esperanza e cun futuro incerto.

¿Hai dereito a iso? ¿Porqué o governo dos U.S.A. non move ficha? ¿Porqué bombardean escolas, almacéns de víveres ou mesmo edificios da O.N.U con total impunidade? ¿Porqué algúns políticos españois se desmarcaron da protesta da pasada semana en Madrid?

Xa abonda desta vergoña, que cesen de inmediato as hostilidades e comece o diálogo, porque non hai dereito a que a maior potencia militar do Oriente Medio, armada polos EE.UU.,  masacre así a unha povoación civil indefensa namentres o resto do mundo mira hacia outro lado, o noso silenzo é cómplice deste xenocidio, si, XENOCIDIO DO POVO PALESTINO, por certo, non deixedes de pasarvos polo post que fixo Andrés Milleiro no seu blogue cun excepcional documento sonoro, froito dunha pequena entrevista súa a un cooperante español en Gaza feita hoxe mesmo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 10 xan 2009 10:02 pm

Terra Galega, un novo xogador nas eleccións

captura 2.jpg

De cara ás eleccións do 1 de Marzo, cada día máis nas novas lemos sobre os candidatos e as propostas dos distintos partidos políticos que temos no País.

E hoxe lin en Vieiros este artigo que quería comentar: Terra Galega presenta a súa candidatura co obxectivo de obter dous deputados, polo que penso que convén facerse varias preguntas.

¿Quen é Terra Galega? Eu como pontevedrés recoñezo non ter moita idea de T.G. ata fai non moito, e resulta ser a aposta persoal de Xoán-Juan Gato, o ata agora alcalde de Narón (A Coruña). Como ideario, pensan facer un nacionalismo de centro-dereita, unha tendenza que tivo o seu tirón no pasado e que certamente ningún partido ocupa neste intre.

Moitos din que, ou ben o PP ou ben o BNG ocupan ou tentan ocupar esta parte do electorado, mais é ben certo que ata o dagora ningún se pronunciou ao respecto: o PP ben con cousas que o afastan como Galicia Bilingüe e o BNG con tendenzas no seu interior como a UPG que para nada están nesa zona.

Curioso ler no artigo que Gato rematou a presentación da candidatura cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer. Seica van presentar candidatura en A Coruña e en Lugo, eu tería curiosidade en ver quén se presentase nun hipotético caso en Pontevedra. O mellor de todo son os comentarios en Vieiros, donde non se exalta precisamente a figura de Gato, tachándoo de caciquista e especulador.

Máis información na súa web: Terra Galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 10 xan 2009 01:47 pm

Parabéns polo premio Don Ricardo

Veño de coñece-los premios cidade de Pontevedra deste ano que serán entregados o vindeiro dia 20, e na miña modesta opinión non poideron ter máis merecemento, alomenos na categoria de persoa física, posto que o outorgado ao CCUZM  (Centro Comercial Zona Monumental) ten algo máis de polémica, basicamente polo que se intúe dándose unha volta pola blogosfera pontevedresa.

Ricardo Tilve rodeado dos siareiros granates

Para quén non coñeza a estas alturas a Ricardo Tilve, dicirvos que foi dende hai xa uns cantos anos o auténtico mecenas do deporte pontevedrés, xunto con Magin A. Froiz Planes, pero éste último sempre tirou máis cara ao ciclismo, como dicia, Don Ricardo Tilve, empresario pontevedrés afincado en Catalunya, leva moitos anos apoiando aos clubes deportivos da nosa cidade, eu como socio do Pontevedra C.F. teño viaxado en máis dunha ocasión en autobuses pagados por este home, tanto en fases de ascenso como na liga regular, sempre está ahí cando as peñas precisan da súa axuda, sufragando os gastos sen pedir nada a cambio, nin tan sequera o recoñecemento público e moito menos das institucións, pero está claro que algúns dia tiña que acontecer, e con todo merecemento premian a calidade humana, o compromiso e a entrega dunha persoa que ama a súa cidade por enriba de todo, que sempre soubo respaldar a nosa ilusión por unhas cores e botarnos unha man cando foi preciso, por todo e dende esta humilde palestra, quérolle da-las máis fondas e sinceiras felicitacións a Don Ricardo Tilve e expresarlle publicamente o meu aprezo, ogallá moitos seguiran o seu exemplo e lle devolveran a súa cidade tanto como ela de seguro lle deu ao longo de toda a súa vida.

Ricardo Tilve é unha persoa admirada e querida pola afición granate, lémbrome a última vez que o puiden ollar na praza da Verdura, foi dia do partido do play-off contra o Ceuta, alí estabamos todos tomando unhas cervexas antes de baixar cara ao estadio cando apareceu el, có seu sorriso perenne na faciana, o seu saúdo ás peñas foi respostado con cánticos e aplausos unánimes, Nino Mirón puido ter amigos e inimigos, pero con Ricardo Tilve non cabe a dúbida, é querido e respectado por todos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galiza & Política 06 xan 2009 11:17 am

Actos en Pontevedra có gallo do XX aniversario de Galiza nova

Unha vez máis, Maruxa, amiga e responsábel de Galiza Nova en Poio, achégame certa información que pode que sexa de interese para os que sodes/somos de Pontevedra e arredores, extensible evidentemente tamén para o resto da xente da nosa bisbarra. A organización da mocidade nacionalista galega, Galiza Nova, celebra nestes dias o seu 20 aniversario cunha serie de actividades lúdicas e festivas a desenvolver na nosa cidade entre esta vindeira fin de semana e a seguinte, a continuación detállovos a información que me foi achegada como vos dixen via e-mail.

  • Sábado 10 de xaneiro: Concerto XX aniversario có lema "20 anos deixando pegada en Pontevedra", terá lugar a partires das 22:30 horas no recinto feiral de Pontevedra (parque Rosalía de Castro), actuarán Ruxe-ruxe e Nao e será totalmente de balde.
  • Sábado 17 de xaneiro: Cea XX aniversario de Galiza nova para a mocidade de Pontevedra, terá lugar no Pazo da Cultura a partires das 22:00 horas aproximadamente, o prezo orientativo será de 12 euros.

Para calqueira aclaración podedes poñervos en contacto cós organizadores nos teléfonos 645 024384, 699 996672 ou 986 866205. Persoalmente recoméndovo-lo concerto dos Ruxe-ruxe, teñen un fantástico directo, a continuación déixovo-lo video subido a youtube do seu tema "xigantes", do que xa falara hai meses neste mesmo blogue, Ruxe-ruxe fan unha mestura de folk-rock con pinceladas de punk en galego, de seguro que nos farán desfrutar en grande esa noite.

  

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galiza & Política 02 xan 2009 03:38 pm

A orixinalidade de Ibarretxe

Ben se nota que o Partido Socialista de Euskadi lle está a pisar os talóns, porque senón non se explica que, coa de fins de semana que hai para poñe-la data das eleccións autonómicas bascas, Juán José Ibarretxe, a la sazón o presidente de tódolos bascos e bascas, escollera a mesma data que Touriño para que vaiamos votar, unha data simbólica e doada de lembrar si, pero para iso non é preciso dar voltas e voltas para ao remate coincidir no mesmo, no vindeiro 1de Marzal como o dia para que, ademais de celebra-lo cumpreanos da miña muller, teña tamén que ir a exerce-lo meu dereito democrático ao sufraxio..

Foto do Diario de Pontevedra

En fin amigo Ibarretxe, xa sei que o teu non é afán de restarnos protagonismo aos galegos, que somentes é pura e sinxelamente instinto de supervivencia, pero ten narices que sexamos nós os primeiros en marca-la data, intentando con iso non coincidir cós vosos comicios e tamén cós europeos, e veñas ti a última hora a trastocalo todo, alegando que vivimos tiempos complicados. Lehendakari, se vostede vive tempos complicados, os demais non temos nin a máis mínima culpa diso, aqui pretendíamos facer unhas eleccións en clave galega e sendo nós mesmos os nosos propios protagonistas, e o que vostede fixo suporá unha merma importante deste protagonismo, inda que, se o penso ben, o desembarco dos primeiros espadas de Madrid nesta ocasión estará máis repartido, e quén sabe, cecais teñamos sorte e os verdadeiros protagonistas das autonómicas galegas sexan os candidatos galegos, non os padriños que veñan da capital.

Pois iso, eskerrik asko por nada Ibarretxe, e para a vindeira ocasión procura darlle máis aos miolos e ser algo máis orixinal, un saúdo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google