Cargando...

Monthly Archivemarzo 2009



Caixón de xastre 15 mar 2009 09:20 pm

Comezou a conta atrás..

Pois na casa xa case que temos todo listo e preparado para a chegada de Sabela, e como digo no título do post, comeza a conta atrás, restan pouco menos de dez dias para sair de contas, pero teño un presentimento e dame a impresión que o vindeiro fin de semana serei pai por primeira vez, non sei, pode que sexa unha corazonada, hoxe mesmo en Pasarón comentaba isto mesmo con Manuls.

Ate o de agora non estiven para nada nervioso, vamos, non polo de agora, porque coido que nesta semana e asi que vaian avanzando os dias comezarei a poñerme algo intranquilo, ou non, quén sabe, teño que recoñecer que son unha persoa nerviosa, pero nin tan sequera eu saberei coma vou respostar ante unha situación coma ésta, que é nova para min en tódolos aspectos, de tódalas maneiras agardo que ben, hai que templa-los nervios e estar tranquilo, ou iso é o que todo o mundo me recomenda.

Asi que nesta semana tampouco publicarei ningún post, librarédesvos de min por uns dias, que pode que sexan semanas, quén sabe, traballo terei dabondo coma para pasarme por aqui, pero prometo ter un oco os fins de semana para atender a tódolos parroquianos de a ponte vella que xa sodes uns cantos. Nesta semana que hoxe rematou e na que tamén estiven un tanto umplugged do blogue, pasouse por aqui algunha xente nova, unha delas foi Helena, unha amiga de Bilbo da que non tiña novas dende hai moitos anos, dende os tempos dos meus inicios en internet coa canle #música_celta do IRC Hispano, algún de vós se lembrará diso, alomenos hai oitos ou nove anos, unha grata sorpresa e unha casualidade este reencontro cunha vella amiga. Tamén se pasaron por este blogue dúas rapazas galegas de beca Erasmus en Irlanda, seica estaban na pescuda da lenda de Breogán e deron có meu blogue, se tedes curiosidade, pasádevos por En tierras de Shamrock, por certo, eu teño un shamrock no meu cuarto, lembranza da miña estadía en Dublín o pasado verán, o shamrock para quén non o saiba, é o famoso trébol, un dos símbolos da verde Eirín.

Pois nada máis polo de agora, xa teredes novas miñas máis breve que tarde, ou iso é o que alomenos agardo :)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 07 mar 2009 08:18 pm

Comeza unha nova xeira na política galega

Hai xa máis dunha semana que non posteaba nada, máis dun de vós xa estaria pensando que onde andaba metido, pois nada, podedes achacar este tempo sen escribir á falta do mesmo, ou sexa de tempo, cada dia teño menos porque a conta atrás para ser pai comezou e ando a mil por hora, réstanme pouco máis de tres semanas e xa comezo a estar un pouco agobiado de tempo, teño mil cousas que facer e pouco tempo para adicarlle a algo que non sexan os preparativos e mailo traballo.

Noutro orde de cousas, cómpre recoñece-la victoria do candidato Alberto(e) Núñez Feijoo e de todo o seu partido, ou máis ben a derrota do bipartito, non quero entrar en fonduras, pero coido que os últimos escándalos, sobre todo pola parte socialista botaron ao traste cós catro anos de governo. Ao meu parecer, a pasada campaña eleitoral foi dun perfil moi baixo, falouse máis de chanchullos, despilfarros e fotografías que dos programas de cada partido, estivo máis presente o tema da língua e do (teórico) conflito lingüistico existente que o feito de que estexamos inmersos nunha profunda crise e dunha recesión coma non se tivera por aqui en moitos anos, e tanto falo de Galiza coma do resto do Estado Español. Como apuntaba no título do post, comeza unha nova xeira na política galega, cun Partido Popular vencedor holgadamente e un PsdG e B.N.G na procura dun novo líder, o tema do bloque antóllaseme máis complicado, posto que as saídas de tono de Beiras non axudan nada a levar unha transición acougada, falouse xa de varios candidatos, eu persoalmente xa teño o meu, pero agardemos á vindeira Asemblea Nacional que terá lugar en Santiago de Compostela.

Dende aqui agardo que o novo presidente cumpra coas súas propostas de austeridade no gasto, -polo que semella xa mercou un Citroën C6-, e que non desfaga completamente o que xa está feito, que non estará de todo mal supoño, no que si teño máis dúbidas é no tema do idioma, as súas declaracións o primeiro dia falando das galescolas e do galego hai que collelas con pinzas, agardo que isto non supoña un retroceso no avanzo do galego que poida ferilo de morte, todos sabemos cal é o idioma que está en perigo, non sexamos demagogos con este tema e retrocedamos agora vinte ou trinta anos. Onte á noite estiven ollando en Intereconomía tv unha entrevista ao presidente electo e apuntaba boas maneiras, ou alomenos boas intencións, asi que, inda que non comulgue có seu ideario político, agardo que sexa un bo presidente da Xunta, que sexa autónomo nas súas decisións e teña sempre presente a Galiza e aos galegos e galegas, porque iso é o primeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google