Monthly Archiveabril 2009
Pontevedra 30 abr 2009 05:50 pm
Feira franca, troyanos e falla de infomación..
Semella que ante a escasa información municipal no tema da Feira Franca, sen ir máis lonxe, o meu blogue é un dos máis visitados en canto a pescudar información sobre ela se refire, senón botádelle unha ollada ao google e poderedes atopar este blogue no terceiro posto dos resultados, por diante da propia web temática. Pois ben, nisto andaba eu cando atopei o comentario de Cècile no meu post sobre a Feira Franca, nel me solicita como poñerse en contacto coa xente que organiza a feira, có obxecto de instalar un posto de artesanía, e cal é a miña sorpresa, cando entro na ligazón que me deixou e comprobo que se trata dunha web francesa, ¡¡ carallo !!, ata onde está a chegar a repercusión e mailo éxito desta festa que comezou coma algo local e agora semella ser internacional, a web de Cecile, por se tedes curiosidade é ésta que vos linko (menudo palabro) aquí.

Pero vamos, que aparte de chamarme a atención o feito de que me soliciten información dende Francia, o que máis me jode, e con perdón da expresión, é a escasa información que aporta o noso concello sobre esta festa tan importante, porque xa mudaron a web en varias ocasións e ademais case non a actualizan ate unha semana ou dez dias antes, polo que moita xente coma Cècile non poden preparar con tempo a súa participación na mesma, dende aqui señores do Concello de Pontevedra e refírome concretamente a Anxos Riveiro, póñanse as pilas neste tema, e por favor fáganlle de paso unha limpeza en condicións a http://www.feirafranca.info, porque cada vez que entro o avast (o meu antivirus) avísame de que a web contén troyanos... vamos, de coña.
Deportes 27 abr 2009 05:02 pm
Rematou o soño do ascenso (outro ano máis)
E con él esta tempada 08-09 para tódolos siareiros granates, despois da última derrota en Ferrol fronte ao Racing por un rácano 1-0 e sen apenas xogo por parte dos departamentales. Agora cómpre pensar friamente se isto non se via vir dende hai meses, se esta directiva que temos, máis preocupada nestes derradeiros anos pola política -e por emprega-lo clube como ariete contra o Concello de Pontevedra a medias coa Deputación de Pontevedra do señor Louzán e da señora Teresa Pedrosa-, que polo ben do Pontevedra C.F., fixo as cousas sen planificar e sen deixarse aconsellar por expertos, fichando xente sen experiencia na nosa liga, ¡¡ nunha liga de segunda división B señores, non o esquezan !!, xente como Jonay, polo que, por problemas coa súa fichaxe, unha sentenza xudicial nos obriga a pagar 25.000 euros de multa, xente que viñan de figuras e non foron máis que torcebotas que deixaron maltreita a tesoureria do clube, porque esa é outra cuestión, ¿que foi daquel superávit que tiña o Pontevedra C.F. S.A.D.? agora no temos un can, nin cartos nin resultados deportivos, moito medo me da todo isto e máis coa crise tan jodida e que tamén chegou ao deporte.

Personalmente agardo unha nova directiva para a vindeira tempada, nova xente con proxectos e con ambición, fichaxes con sentidiño, de xogadores contrastados de Segunda B e veteranos na categoria e o máis importante, con gañas de ascender, menos extranxeiros e máis canteira galega e española, agardo tamén que o clube mime máis ao socio, sempre somos os que soltamo-los cartos pero os peor tratados, con isto tamén quero dicir que os abonos 2009-2010 deberian ser a prezo de segunda división B, acordes coa nosa actual situación, deixémonos de flipar e teñámolos pes no chan. Como dicia, a tempada rematou para nós, a partires de agora e se hai cartos claro, Gay poderia conformar un novo equipo para o vindeiro ano, quédome con Xavi Moré (que marchará seguro, ten moito futuro por diante), con Guimeráns (canteirán con casta e comprometido có equipo), có capi Vázquez, experto na categoria e dos mellores desta tempada sen dúbida e pouco máis, se cadra con Mikel Saizar, que non o fixo mal de todo, o resto podémolos vender de saldo no cash converter.
Dende aqui o meu apoio incondicional ao Pontevedra C.F., -que non á súa nefasta directiva-, agardemos que as cousas cambien moito, menos mercenarios e máis xogadores con entrega e con compromiso, e iso podenno atopar nas ligas galega española, non é preciso recurrir a Chipre, Brasil, Arxentina ou Venezuela.
Sorte Pontevedra !!
Actualidade 23 abr 2009 09:11 am
Que non home, se a culpa non é túa…
Senón dos que están nos postos de responsabilidade por estar. Teño pasado por aquel punto en multitude de ocasións, coma moitos de vós, ás veces ao vir de Vilagarcía de Arousa e para non coller moito tráfico os sábados ou domingos na ponte da barca, estouvos falando do enlace que vai dende a rotonda da PO-531 á vía N-550 (Pontevedra-Santiago) na zona de San Caetano (Alba), que algúns de vós coñeceredes polo magnífico furancho que hai alí ou pode que outros polo famoso incendio do arquivo de expedientes médicos de hai varios anos.

¿Como pode ser que dende hai anos o avisador luminoso, -do cal o Diario de Pontevedra non fai mención algunha- estexa estropeado e os responsables fixeran caso omiso das queixas dos veciños da zona?, logo veñen as desgrazas, o espabilado conductor do camión pasou olimpicamente do disco de advertencia de altura máxima permitida de 3.40 metros e cós seus 3.80 metros decidiu ver que pasaba, consecuencia disto, tremendo ostiazo contra a ponte e logo máis danos extructurais ao tentar sacalo maniobrando marcha atrás, a ver se me podo ir de aqui e ninguén se decata deste tinglado debeu pensar o fulano.
Isto é o que acontece pola incompentencia dos responsables de manter este punto en condicións e ben sinalizado.
Deportes 20 abr 2009 03:55 pm
¡¡ Non tedes vergoña !!
Onte non tiven ocasión de poder asistir en directo a Pasarón, pero si de escoita-la retransmisión de Ramón Mella e Ramiro Espiño pola SER de Pontevedra e de comprobar por min mesmo que o prestixio do Pontevedra foi tirado polo chan, e con el as escasas posibilidades que tiñamos de meternos no play-off de ascenso, vamos, coido que inda temos posibilidades, pero con esta banda de mangantes mellor non presentarnos a el baixo risco de facer outro ridículo coma o de Córdoba, Sevilla ou Ceuta máis recentemente.

Podemos perder por falla de aptitud, este ano non temos nin de lonxe o mellor dos planteis, pero o que si non podemos é perder un partido por falla de actitude, e iso foi o que non tivemos onte, tiña que escribir algo sobre o acontecido, pero serei sensato e farei igual que José Aurelio Gay onte na rolda de prensa, ser cauto falar coa cabeza fria, porque senón os calificativos que proferiría sobre esta ONU granate que temos non serian demasiado gratos de escoitar. Somentes dicir que onte tiñamos que dalo todo, que CeltaB e Racing de Ferrol empataran e que podiamos poñernos cuartos con un pequeno esforzo e sacando adiante un partido contra unha plantilla que leva toda a tempada sen cobrar e son uns recén ascendidos da terceira división, pero non, palmamos 0-4 na casa, diante da marea granate coa que algúns xogadores se enchen a boca, ríndonos deles na súa faciana, cando nos deron a súa confianza un anos máis a expensas de saber que non tiñamos un equipo competitivo.
Temos o que nos merecemos, confio en que todo isto mude para o ano, que tomemos un novo rumbo, que fagan un proxecto con tempo, gañador e con futuro (se temos cartos), a tempada rematou para nós, agora so resta recapacitar e organizarse, para o ano estarei ahí de novo, quén sabe, cecais saque dous carnets desta volta, pero para iso tédelo que gañar, a pelota está no voso tellado.
Cinema e televisión 18 abr 2009 02:10 pm
“Matalobos” e “Conexión”, novas series da TVG
Nunha das contadas ocasións que tiven polo de agora de ollar un pouco de televisión, o pasado mércores ou xoves, xa non me lembro exactamente do dia, atopei esta nova serie (matalobos) e miniserie (conexión) da galega facendo algo de zapping. A historia transcorre en Sardiñeira, unha pequena vila costeira de Galiza, que ben poderia ser Vilanova de Arousa, O Grobe, Sanxenxo ou calqueira de tantas, non conto máis porque tampouco me quero extender demasiado, a sinopse podédela atopar aquí. O argumento das dúas é recurrente, e inda máis trantándose dunha serie ambientada no noso País, o narcotráfico e todo o que iso conleva, inda asi coido que está moi ben tratada, con actores xoves e algúns xa consagrados, como Ernesto Chao, que está mortal no seu papel de cabeza de familia pudiente con pazo e todo na miniserie Conexión, polo demais chamoume a atención o feito de que ésta foi rodada en tres idiomas, galego, portugués -xa que tamén hai narcos e policia judiciária portuguesa- e castelán, reservado á Garda Civil e a policia española, a galega sempre innovando, coma cando foi a estrea de Mareas Vivas e empregaron por primeira vez o seseo e a gheada na tv.

Do que si xa non estou tan dacordo é do feito de subtitula-los diálogos dos actores portugueses, vale, que non son precisamente de Valença do Minho ou de Vilanova de Cerveira e o sotaque que teñen é un chisco máis pechado, pero facendo un pequeno esforzo ben poderiamos entendelo e asi de paso aprendelo portugués, cousa que nunca está de máis, pero vamos, iso é un apuntamento sen importancia, o feito é que a serie gústame e acho que será un produto perfectamente exportable coma foi Mareas vivas no seu dia, e iso está ben, que teñamos produccións propias ademais de actores participando en series a nivel "nacional".
O dito, recoméndovola encarecidamente o visionado de Matalobos, a outra, Conexión, é unha mini-serie de dous capítulos que inda me gustou máis se cadra e que podedes ollar aqui, na web da tvg.
Caixón de xastre 11 abr 2009 05:46 pm
¡¡ Xa estamos de volta !!
E se me paro a conta-los dias, xa case hai un mes que non posteaba nada nesta bitácora onde teño amigos, coñecidos e veciños cós que compartin ao longo destes case dous anos de a ponte vella un montón de novas, inquietudes e tamén confidencias, e se temos en conta o número de comentarios feitos, unha das máis populares foi a da miña recente paternidade. Van aló quince dias que son pai e somentes vos podo dicir que foi e segue a ser unha experiencia inesquecible e irrepetible, agora que somos un máis na casa a responsabilidade é moi grande, e como a nena non ven con manual de instruccións, pois imos aprendendo pouco a pouco e dia tras dia, alá fican os dous dias que estivemos no hospital, nos que Sabela durmia ata sete horas dun tirón, ¡¡ amigo !!, pero na casa moito cambiou a cousa, e se conseguimos durmir máis de tres horas dunha sentada xa é moito, os gases, ese grande inimigo dos bebés lactantes, menudo cabrón o condenado. Polo demais estes quince dias foron unha rutina de darlle as tomas e poñela a durmir, e asi case que todo o dia, semella algo doado, pero ao final empregas todo o dia en facer isto unha e outra vez, tanto é asi que nestes quince dias a de hoxe é a primeira ocasión na que me sento diante do ordenador, dende o pasado dia 26 de marzal apenas ollei a televisión e o intre de xantar e de cear é algo case que secundario, o que de verdade importa é o da nena, o seu baño e a súa toma, eu tiven noites nas que atopei un intre para cear un sandwich rápido a iso das doce ou unha da mañá porque habia que atendela e con ela unha multitude de cousas na casa.

Pero agora semella que comeza unha regularidade e un hábito na nena, e con ela ha de vir unha tranquilidade que semella perdéramos hai semanas, pero que foi para gañar ledicia e balbordo na casa, porque somos un máis e iso nótase, xa teño gañas de que a nena comece a face-los xestos cotíans dos nenos, daquela será cando de verdade comecen os xogos con ela, para cando ese dia chegue agardo estar preparado para afrontalo, teño a responsabilidade dunha nova vida nas miñas mans, pero tamén teño unhas gañas inmensas de xogar con ela, de ensinarlle cousas novas, de falarlle e de compartila cós seus tios, avós e bisavós (ten un de 98 anos), a nena é unha ledicia para toda a familia, non somentes para os seus pais.
Nestes dias que estiven umplugged do blogue respostei a algúns dos vosos comentarios, aos de sempre, os que estades ahí ao pé do cañón e tamén aos novos como Helena, unha amiga de Bilbo, dos tempos do chat do irc #musica_celta que enterouse hai uns dias de que fun pai, para ela un saúdo afectuoso tamén. Polo demais agardo postear algo de cando en vez nesta nova actualización do Wordpress coa que me acabo de atopar ao entrar hoxe no blogue. O dito, xa nos veremos pola blogosfera pontevedresa, polo de agora seguirei coas miñas obrigas e con apenas tempo para escoitar algo de música(estes dias Russian red e Los planetas) e face-las tarefas da casa, ah!! por certo, o meu pontevedriña segue ahí dando guerra, así que agardo que a nena visite un campo de 2ª en breve, será unha siareira granate máis na bancada de norte.






