Cargando...

Monthly Archivemaio 2009



Internet &Pontevedra 27 mai 2009 09:00 am

Pontevedra dende outra perspectiva

Non sabia eu que un cocheciño de bebé daba para facer cousas coma ésta, claramente tereino que probar có meu nos paseos dominicais polo fermoso casco vello que temos na nosa cidade, bravo polo autor deste video que me sorprendeu gratamente hai uns cantos dias.

Ollado no blogue de Andrés Milleiro, son pesado, xa o sei, pero este home é unha mina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 22 mai 2009 08:14 pm

Plan Re-Móvete da Xunta para o automóvil

Detrás deste nome tan suxerente, está o plan da Xunta de Galiza para tentar botar unha man e sacar da súa actual crise ao sector do automóvil, un plano en clave galega, posto que Feijoo foi un dos primeiros en desmarcarse do Plan 2000E de Zapatero, é de supor, ou alomenos eu agardaria que isto servira para dinamiza-lo mercado galego do automóvil, e estoume referindo tanto aos concesionarios coma a PSA Citröen, que da traballo a miles dos meus paisanos. Pero tanto un plan coma outro esquécense de certo perfil de xente, entre as cales eu me inclúo, explícome:

a plantilla de citroen vigo e o vehículo 9 millóns

Como saberedes, xa vai para dous meses que tiven unha filla, o meu actual coche, de tres portas, gasolina e sete anos quedóuseme pequeno, polo tanto estamos pensando seriamente en mercar un novo e evidentemente entregar este na operación, pois ben, coma o meu coche non ten máis de dez anos, non me podo acoller nin a axuda da Xunta nin tampouco a do Estado, polo tanto, deses 1500 ou 2000 euros non vexo un can, pero o que máis me jode, e perdonádeme a expresión, é que tampouco me podo acoller aos 10.000 euros sen xuros que tamén prometen, véxome polo tanto sen axuda de ningún tipo, eu, que precisamente estaba pensando nun Citröen C4, mira ti por onde tiña pensando aporta-lo meu grao de area e axudar á economia do meu País mercando un vehículo da marca que emprega a miles de galegos e galegas, pois non, o futuro coche que emitiria menos de 120 g/km de CO2 seria máis ecolóxico que o que actualmente teño, vamos, máis non podo axudar, pero a min ninguén me axuda, non o vexo nada xusto.

Fica aqui a miña protesta, tanto ao governo da Xunta de Galiza coma ao do Estado, quero cambiar de coche, quero contribuir á mellora da economia galega e axudar no que modestamente podo, pero este governo que a bombo e platillo está a anunciar axudas, esquécese dos que temos coches de dez anos, señores, o parque automovilístico galego e español xa hai anos que non é tan vello, a vida útil dun coche hoxendia non supera os seis ou sete anos, no meu caso non é por capricho, senón por circunstancias da vida.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 14 mai 2009 08:00 am

Festa da língua 2009 en Pontevedra

Como supoño saberedes, o vindeiro dia 17 de maio é o dia das letras galegas, mágoa que este ano cadre en domingo e non teñamos alomenos un dia festivo do que desfrutar, pero asi está o calendario. Na nosa cidade unha vez máis a xente do local social Revira organizarán a festa da língua, con diversas actividades para os cativos e non tan cativos que se desenrolarán na véspera, sábado dia 16. Como o seu traballo en defensa da língua galega (sexa cal sexa a normativa) é encomiable, que menos que facerlles un chisco de publicidade no meu blogue, polo tanto aqui tedes o cartaz coas actividades.

Por certo, haberá tamén un concerto o sábado pola noite, os cabeza de cartel os Skarnio, un dos mellores ou se cadra na miña opinión, o mellor grupo de ska do noso País, parabéns á xente do Revira por tan boa elección e ademais por ofrecernos a súa actuación de balde no recinto feiral, quén sabe, cecais poida facer unha escapada, os que vaiades desfrutade do concerto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 08 mai 2009 07:00 pm

Guillerme Vázquez ¿voceiro nacional do bng?

Vaia por diante que non son militante do bng e que non teño inteción de tomar partido nestas desputas, máis ou menos amigables, que se agardan para suceder a Anxo Quintana á fronte do partido e como voceiro nacional, xa non sei se tamén coma vindeiro candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo Bloque Nacionalista Galego.

foto de www.xornal.com

Pero veño de leer estes dias, que un dos nosos políticos locais, en concreto Guillerme Vázquez, estará na terna de candidatos, xunto con Carlos Aymerich e Xosé M. Beiras Torrado, para ser elexido máximo representante do nacionalismo galego na Asemblea Nacional do 10 de maio, personalmente non teño nada en contra de Guillerme, xa foi deputado nas cortes españolas, posto que compartiu xunto con Francisco Rodriguez e tamén con Carlos Aymerich, un dos seus actuais competidores, ten experiencia polo tanto niso de liderar ou representa-lo partido, pero na política local, na que eu sigo dia a dia polos xornais ou nos partes de Localia Pontevedra, semella unha persoa cansina, sen ansia por face-las cousas, as súas roldas de prensa son sempre soporíferas e aburridas ate a extenuación, xa o teño comentado nalgunha ocasión con César Abal e algún blogueiro máis da nosa cidade, o bng pontevedrés debia de soltar lastre e desfacerse dun par de elementos, os cales, máis alá de axudar ao partido, estanlle a restar votos e popularidade, un deles é o polémico César Mosquera, cós seus claros e as súas sombras, xa se teñen escritor rios de tinta sobre el, pero coido que tamén o señor Guillerme Vázquez debia deixar paso a xente nova e con máis ambición e folgos para traballar pola súa cidade, polo tanto senón atopo a Guillerme Vázquez unha persoa axeitada para seguir traballando no bng pontevedrés, despois da súa nefasta xestión do tráfico no Concello de Pontevedra, tampouco o considero axeitado para liderar o partido e moito menos para se-lo candidato á presidencia da Xunta de Galiza, pero claro, xa se sabe, a UPG a mandar e o resto a calar, ou alomenos iso pretenden.

¿Que cal é o meu candidato preferido?, pois a verdade e sendo francos Beiras xa é pasado, glorioso, pero pasado ao fin é ao cabo, prefiro a Carlos Aymerich, unha persoa xove, dinámica e con empuxe e gañas de traballar, xa non digo polo partido, senón polo noso País, ése poderia se-lo meu candidato, pero vamos, a miña opinión somentes é iso, unha opinión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema e televisión &Música 06 mai 2009 11:23 pm

Jerk it out (The Caesars)

Bravo pola xente de Renault, será que ando na procura dun novo coche -porque coa cativa o actual ficou pequeno de máis- e estou máis atento aos anuncios das marcas automovilísticas, pero coma para non estalo có spot do novo megàne coupé, o anuncio en si tampouco é que sexa algo fóra do normal, pero o tema musical que elexiu a marca do rombo para acompañalo é unha pasada, e por se algún de vós non ten idea do que estou a falar, aqui vos traio o tema en cuestión, o seu título Jerk it out, o grupo, The Caesars.

Son unha banda sueca de garage rock, suecos pero con vocalista de ascendencia portuguesa, teñen as típicas distorsións de voz e de guitarras, este tema que agora estase a facer moi coñecido xa data do ano 2002, cando saiu ao mercado como single, xa tiña escoitado algunha canción deles no FIFA da playstation, pero agora é cando de verdade me soprenderon cun tema guapo, guapo, por certo, se tedes interese e queredes indagar máis sobre este grupo, pois pasádevos pola wikipedia. Pois iso, que sentinme na obriga de compartilo con todos vós e en especial adicarllo a Andrés Milleiro, có cal comparto ademais do gusto polo fútbol (parabéns pola victoria en Stamford Brigde) unha semellanza tamén nos gustos musicais.

Por certo, non colgo aqui o video oficial do grupo e si o spot publicitario porque non sei que problema haberá coa licenza, que non me deixa postealo, ponme unha mensaxe de inserción no autorizada, será que aquí non lle pagamos á SGAE.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Internet 04 mai 2009 09:00 am

Verbas, unha paranoia de Andrés Milleiro

De los creadores de Andrés milleiro. info, trebellos, eu tamén son aduaneiro, tortilla de patata (a medias con Manuls) ou foro galiza llega a sus pantallas.... ¡¡verbas !!

Pois trátase dunha nova web, proxecto, idea ou chámalle X do blogueiro pontevedrés e amigo persoal Andrés Milleiro, esa cabeza pensante que nunca descansa, como o fulano este do anuncio de cervexa que conta calorias e tal, pois unha cousa semellante, o seu maxín sempre está fervendo na pescuda de novas movidas que facer ou inventar, desta volta verbas ven sendo, pois non saberia exactamente como definilo, -Andrés, se tes a ben pasarte por aqui podes explicalo ti mesmo-, vamos, unha web na que postea todas as súas paranoias, inquedanzas ou movidas varias que se lle ocorren, as cales non son poucas.

servidor con Andrés Milleiro en Pasarón

Pois nada, somentes queria avisarvos de que unha nova web de Andrés anda pola rede, podédela ollar en http://millei.ro/, eu pasóme de cando en vez que sempre colga algún video musical interesante ou algunha montaxe fotográfica simpática e boto unhas gargalladas.

Sorte Andrés, e xa sabes, cando veñas débesme unha birra :)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google