Cargando...

Monthly Archivexullo 2009



Actualidade 28 xull 2009 08:39 pm

¡¡ Solidariedade cós traballadores escoceses !!

Nestes tempos de deslocalizacións de empresas aquí e alá, chamoume a atención un video que atopei no dia de onte e que se referia precisamente ao peche dunha empresa moi coñecida e para máis inri en Escocia, moitos de vós coñeceredes a miña debilidade por este pais e todo o que representa xunto con Irlanda na cultura celta. Pois ben, o video que podedes ollar foi gravado o pasado domingo e nel pódese ver marchar a perto de 20.000 persoas na pequena vila de Kilmarnock, que se atopa no extrarradio de Glasgow e conta con perto de corenta mil habitantes, é coñecida por ser probablemente a vila natal de William Wallace, tamén polo seu equipo de fútbol, o que conta con máis siareiros despois dos míticos Celtic, Glasgow Ranger, Dundee e Aberdeen, cidades éstas que os superan varias veces en poboación, pero tamén é coñecida por se-la vila orixe dun dos whiskeys escoceses máis coñecidos, o Johnnie Walker.

Diageo, a multinacional máis grande do sector da distribución de bebidas alcohólicas e que ten no seu cartafol marcas tan coñecidas coma Guinness, Baileys, Smirnoff, JB ou Tanqueray quere pecha-la fábrica, ésta o ano pasado deu beneficios e importantes, pero xa se sabe, nunca son dabondo, total, que queren botar á rúa a perto de 700 traballadores, o pasado domingo 26, estes traballadores e miles de veciños de Kilmarnock botáronse á rúa, có apoio decidido de Alex Salmond, o primeiro ministro de Escocia e pertencente ao SNP, o Scottish National Party, como bos escoceses manifestáronse ao seu modo, dunha forma escandalosa e emocionante, dende aqui toda a miña solidariedade, inda que para tomar unha cubata prefira un 100 pipers, cuestión de gustos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Axenda 27 xull 2009 10:00 am

Manifestación antitaurina en Pontevedra o 1 de agosto ás 19:00 horas diante da Peregrina

Xa temos data para a manifestación antitaurina que comeza xa a ser unha tradición na nosa cidade, xusto no dia que comeza ese acto salvaxe e despreciable que algúns queren chamar noble arte del toreo, esta será a terceira edición dunha manifestación que ten coma obxectivo o de denunciar o maltrato animal encuberto coma festa nacional, que procura a concienciación da sociedade pontevedresa nun tema tan importante coma é éste, no que con cartos públicos, nomeadamente os da Deputación de Pontevedra do señor Louzán, apóiase esta barbarie que moitos rexeitamos de plano.

Cartaz extraido da web da coordenadora antitaurina de Pontevedra

Seis son os puntos básicos que reclama a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra, antigamente coñecida como a Plataforma Antitaurina de Pontevedra, pero que mudaron o seu nome con afán integrador e para dar cabida a máis colectivos e máis adhesións de particulares de dentro e fóra da nosa cidade, o que personalmente atopo coma un total acerto, posto que outros anos a Plataforma Antitaurina cecais estaba algo politizada de máis, sobre todo có tema da normativa AGAL nos cartazas e todo iso, a continuación déixovo-los seis puntos básicos que reclaman, nada máis, somentes comentar que A ponte vella  e mailo seu administrador súmanse ás numerosas adhesións de particulares e colectivos que están a ter os da Coordenadora Antitouradas estes dias, eu tamén estarei presente o dia 1 de agosto.

6 pontos básicos que reclamamos dende a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra.

1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.

2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.

3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.

4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.

5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.

6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.

Manifestación antitaurina en Pontevedra, 1 de agosto ás 19:00 horas diante da Peregrina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galiza 24 xull 2009 09:00 am

Galeg@s somos, galeg@s seremos…

25 de xullo, o dia da pátria galega, o dia dos galegos e galegas de ben, dos bos e xenerosos, dos que amamo-la nosa terra e defendémola dia a dia, dos que non permitimos as aldraxes ás que ésta se ve submetida e dos que non estamos dacordo có rumbo que levamos, dos que non baixamos a cabeza ante ninguén, dos que arelamos maiores cotas de autogoverno, dos que temos o anceio dunha língua respectada por todos, tamén por aqueles que non somentes non a falan, senón que traballan arreo por que ésta desapareza dos nosos colexios e dos nosos corazóns, dos que defendemo-los nosos sectores produtivos e o noso tecido industrial e empresarial por riba de todo, dos que non permitimos inxerencias foráneas nin pedimos esmola, somentes exixímo-lo que é noso por dereito propio.

Hoxe dia da pátria galega, síntome máis orgulloso ca nunca de pertencer a esta terra, de chamarme a min mesmo galego, de sentir morriña cando estou lonxe dela, de acariña-la súa terra, a súa herba e a auga que baña as súas praias cada dia, de sentir o seu vento zoar por entre as árbores, inda que sexan eucaliptos, e de berrar con orgullo e fachenda aos catro ventos nun dia coma hoxe..

¡¡ Eu son galego !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 20 xull 2009 10:00 am

¡¡ Por fin chegaron as vacacións !!

Agardamos todo o ano por elas, tardan en chegar e logo pasan nun abrir e pechar de ollos, asi que o mellor é desfrutalas a tope e facer mil e unha cousas neses dias que temos libres, os que sodes estudantes non lle daredes tanta importancia coma os que traballamos, digo isto por propia experiencia, porque daquela tiñamos tres meses e agora temos quince dias, menuda diferenza. O dito, voume de vacacións unha semana, si unha semana porque este año teño as vacacións partidas, unha semana agora e outra na semana grande das festas de Pontevedra, dias que aproveitarei para ir a varios concertos, pero diso xa falaremos outro dia.

Nestas vacacións que hoxe comezan, agardo desfrutar có resto da pandilla de amigos duns dias nunha casa rural dos arredores de Pontevedra, xa sabedes, con piscina e tal para facer uns largos ou relaxarme nunha das tumbonas tomando unha birra e escoitando un pouco de música, xa que un servidor foi elexido como encargado de pinchar música ao longo deste fin de semana, que conste que non son moi de piscina, o cloro e máis eu nunca fumos bos amigos, pero como a nosa nena é tan pequena, este ano non haberá praia e tampouco chiringuito, vaia.

Para ir abrindo boca, aqui tedes o tema La playa dos granadinos Los planetas, entrementres eu seguirei preparando o meu set de música para este vindero finde, un pouco de indie, un pouco de ska, un pouco de folk, un pouco de metal...

¡¡ Feliz verán a todos e todas os que visitades este blogue !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 15 xull 2009 08:30 am

O País do millón de vacas (foron tempos)

Fumos algún dia o País do millón de vacas, ese animal que era símbolo de paz para Castelao, agora o noso sector lácteo agoniza e semella que a poucos lles importa, alomenos aos nosos governantes, aos de agora e tamén aos de antes, o Grupo Lácteo Galego non sei se seria a solución, non será unha panacea, pero aos nosos veciños asturianos non lles vai de todo mal coa Corporación Alimentaria Peñasanta (CLAS). Pero claro, aqui namentres dámoslles axudas aos bancos, axudas para mercar coches, para mercar motos ou reduccións fiscais aos iates de luxo, pero dos nosos sectores primarios, básicos no desenvolvemento desta terra ninguén se lembra, na miña familia e despois do pasamento dos meus avós xa non haberá labregos, como tantos marchámonos ás cidades, á comodidade da vida urbanita, atrás quedan uns valentes que tentan manter en pe todo isto, se os galegos e galegas estamos hoxendia onde nos atopamos foi polo traballo incansábel de toda esta xente, os labregos e gandeiros foron a base do noso desenrolo económico, aqui non tivemos industrias e practicamente seguimos sen telas, ¿se rematamos có noso sector primario dun plumazo que nos quedará?

Lámina de A.D. Castelao

Asi quixeron que fose a nosa terra (Castelao)

Nunca na miña vida merquei un leite que non fora galego, unha botella de auga que non fora galega ou unha lata de conservas que non fora do País, nun futuro todo isto estará no aire, quén sabe se remataremos por importar todo de fóra, quén sabe se remataremos por traballar unicamente para a xente de fóra, empresarios como Xesús Lence, que ás agochadas traen o leite de Bretaña e logo ameazan con deslocaliza-las súas fábricas como fixo Pascual, fanlle un fraco favor á economia galega, o dito, ou a Xunta de Galiza e mailo governo do Estado e cecais a Unión Europea buscan medidas para atallar todo isto canto antes, ou en menos tempo do que pensamos verémonos como dicia Castelao, coas nosas vacas có pesebre aqui e os tetos en Madrid, en Francia, ou en Holanda, vai ti a saber.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 12 xull 2009 09:56 am

Esto ya es una vergüenza

 José Luis Gómez, director de Xornal de Galicia.com

[... En Galicia se están sucediendo acontecimientos impropios de un país desarrollado sujeto a un Estado de derecho. Pero el problema no está solo en la Xunta. La mayoría de las cosas afectan también a la Oposición y a la propia sociedad civil, si es que existe tal y como es entendida en los países avanzados.

Vayamos por partes. Ayuntamientos en los que ni siquiera hay arquitecto municipal van a poder autorizar que se construya como les venga en gana en la Galicia rural, de por sí toda una desfeita urbanística, a la que uno se puede asomar tanto yendo por las pistas de la parcelaria como viendo de cerca los mapas de este pequeño país en Google. Es una idea del Gobierno de Feijóo que, lejos de levantar de sus asientos a los grupos de la Oposición, está siendo asumida como si aquí no pasase nada. A lo mejor les parece más interesante explicar las diferencias de matiz entre Máis BNG y la UPG, o salvarle la cara a Zapatero en la lamentable financiación de una Galicia que ahora ya sabe el precio de no tener un buen Estatuto de autonomía. Alucinante.

Claro que tampoco está nada mal esa vergüenza que pasan un día sí y otro también los que están obligados a defender el gallego desde las instituciones y encima le ríen las gracias a un Feijóo que casi les echa la bronca por andar rexeitando con la boca pequeña. Vergonzante.

En Galicia estamos a punto de jugarnos las cajas de ahorros, que es de las pocas cosas grandes que nos quedan, y resulta que una parte importante de nuestra clase política, que no se entera de nada, se dedica a decir tonterías sobre asuntos económicos de tercera división. Mientras, los pobres paisanos de las aldeas engalanan sus tractores para que los gallegos del asfalto se enteren la semana que viene de su desesperación, víctimas de la caída libre de los precios de la leche. Aquí hay dinero hasta comprar motos pero no para los ganaderos. Injusto.

Los jóvenes informáticos gallegos quieren abrirse paso desarrollando el software libre y su Gobierno se acuesta con Microsoft, que encima se lleva una pasta de los impuestos que pagan los chavales y sus padres. Deprimente.

Según el ex rector Carlos Pajares, con una cuartilla y un lápiz se pueden calcular en menos de una hora los resultados de participación en la encuesta manipulada sobre el gallego, pero esa tarea le llevará ¡un mes! al peculiar conselleiro de Educación, se supone que con programas de Microsoft. Desolador.

Menos mal que nos queda Lendoiro y que el Deportivo abrirá la Liga jugando en el Santiago Bernabéu contra el Real Madrid de Cristiano Ronaldo. Pan y circo, que no falte.

--

P.D.: Lástima, por cierto, que quien se sintió capaz estos días de poner a Feijóo contra las cuerdas utilice su poder solo en su propio beneficio, y no en el de todos los gallegos. Pero de eso ya hablaremos otro día, que no siempre procede escribir de quienes presumen de poner y quitar presidentes...]

Editorial do director deste xornal electrónico que un servidor suscribe punto por punto, é lamentable, triste e cada dia que pasa máis desesperanzador, que este novo governo estexa a dar pasos atrás nunha chea de materias, e non me refiro somentes no tema da língua, senón en temas económicos, de educación, de convivencia social, de ordenación do territorio, semella que catro anos de traballo, no que se fixeron cousas malas, pero tamén boas e atinadas, van a ser tirados pola borda sen máis e iso tennos que facer pensar a todos, de verdade é primordial suprimi-los impostos que se gravan aos que teñen iates de luxo e convidar a Pescanova a que desfaga de novo a nosa costa ou é máis primordial axudar a tódalas familias galegas coa total gratuidade nos libros de texto e resolver dunha puñeteira os problemas de obreiros e labregos que están xogándose o pan das súas familias....pensemos un pouco cara onde imos con esta xente.

Por certo, que cando fala dos informáticos galegos, perfectamente se poderia referir a isto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 09 xull 2009 07:54 pm

Festival Vibrasons 2009

Pois aqui tede-lo cartaz da edición 2009 do Vibrasons, o festival de música alternativa que se celebra en Pontevedra e que xa vai pola súa terceira edición,  supón toda unha ledicia contar cun evento coma este que amplia a oferta musical do verán pontevedrés, e inda que estamos en tempos de crise e supoño que verian recurtado o seu presuposto para contrata-los grupos, seguen a manter un magnífico nivel ofrecendo tres dias de concertos con bandas de galegas e extranxeiras, algunhas coma a Noruega Vibeke Saugestad tocan por primeira vez no Estado Español.

Cartaz extraido de www.vibrasons.com

Pois nada, os que sexades amantes da escena alternativa tedes un magnífico festival e totalmente de balde na praza da Ferrería da nosa cidade, os dias 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, asi que achegádevos por alí a tomar unha caña e escoitar un pouco de música nestas cálidas noites do verán pontevedrés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política 03 xull 2009 09:02 pm

¡¡ Na Xunta liquidamos audis, faite có teu !!

Dame a impresión que dende a Xunta non sabe como porlle final a esta pantomima que montaron para as autonómicas do mes de marzo, agora liquidan o parque móbil de luxo que tiña o presidente e mailos conselleiros, eses automóbiles da marca que todos coñecemos e que na súa maior parte foron mercados na época de Manuel Fraga, a él tamén lle gustaban os coches de alta gama, pero semella que iso tanto ten, ou iso é o que podemos entresacar do dito polo señor Alfonso Rueda á preguntas dun xornalista, ao cal respostou que iso non tiña demasiada importancia, vamos, que non viña a conto e que permutarán audis por vehículos sociais, ¡¡ veña populismo barato !!.

Agora o señor presidente descólgase con que non levará blindaxe no seu vehículo oficial, que o citroën con que conta, ten as medidas de seguridade axeitadas para o fin ao que é disposto, declaracións que ao meu modo de entender supoñen un reclamo innecesario, posto que agora é un obxectivo doado para ser agredido, asi que unha cousa é seguir coa patochada de desfacerse dos tres coches blindados, dous deles mercados na era Fraga e outra a de ir de valente pola vida e poñer en perigo a súa vida, pero vamos, vós mesmos, malvendede o patrimonio dos galegos por seguir con esa patochada ate o final.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google