Cargando...

Monthly Archivedecembro 2009



Caixón de xastre 24 dec 2009 12:05 pm

¡¡ Boas festas de nadal a todos !!

www.santygutierrez.com

A ponte vella quérevos desexar unhas felices festas de nadal, ou unhas boas festas sen máis, como prefirades, non imos entrar agora en polémicas de si BO NADAL ou BOAS FESTAS, non sexamos tan tiquismiquis. Agardo que esta noiteboa e as demais xuntanzas familiares que teñades, tanto no dia de nadal coma no de fin de ano e reis, as desfrutedes en boa compaña, tanto das vosas familias coma dos vosos amigos, eu farei todo o posible para pasalo o mellor que poida, ademais, e como moitos dos que sodes parroquianos deste blogue sabedes, este ano serán máis felices se cadra, porque xa somos un máis na familia e inda que con nove meses, a cativa non se vai a enterar moito do tema, o feito de tela presente fainos infinitamente máis felices a todos.

O dito, que desfrutes estos dias con saúde e felicidade, un aperta para todos e todas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 23 dec 2009 12:52 am

Si haberá partido da selección galega de fútbol

Contra vento e marea, e sobre todo fronte á actitude institucional, que foi quén de desligarse totalmente deste acto deportivo á par que reivindicativo por primeira vez nos últimos catro anos, a xente de Siareiros Galegos ven de ultima-los detalles para celebrar un novo xogo da nosa selección absoluta de fútbol, desta volta mermada de maneira moi importante debido ao nulo apoio da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Fútbol, que fixeron gala dunha actitude totalmente antigalega e mesetaria, porque si houbo cartos para ceder o estadio de Riazor e recibir a la roja, pero non para apoiar ao deporte galego e organizar un partido destas características que, inda que non tendo caracter oficial, si fai moito ben ao noso deporte e conciencia ás futuras xeracións de rapaces e rapazas, que son a canteira do deporte galego.

extraido de www.vieiros.com

O dito, aqui téde-lo cartaz cós actos a celebrar o vindeiro sábado dia 26 do presente, a partires das cinco do serán en Santiago de Compostela, o encontro terá lugar no campo de Santa Isabel, previo a el haberá a tradicional manifestación reclamando o noso dereito a competir baixo a nosa bandeira e logo do partido o concerto de tódolos anos.

cartaz de SS.GG.

Dende aqui facemos un chamamento á participación de toda a povoación galega nos diversos actos organizados para o sábado, fronte a deixadez e o ninguneo do noso governo, nós sairemos á rúa a defende-lo noso dereito como galegos e galegas a ter as nosas propias seleccións deportivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 20 dec 2009 12:20 pm

Novo emprazamento do local social da A.C. Revira

Non sabia nada do tema, escoitara que o alugueiro do anterior local, no que teño ido a algunha charla, algunha festa futboleira e tomado tamén algunha cervexa que outra con algún colega, expiraba estes dias de nadal, pero non sabia nada de que abriran xa noutro emprazamento da nosa cidade.

www.revira.org

Rúa Gonzalo Gallas nº 4 baixo (Pontevedra)

A xente da asociación cultural Revira levan seis anos traballando en Pontevedra pola defensa da cultura e a língua galegas, unha tarefa incansable que dia tras dia fainos merecedores do meu respecto máis sinceiro, os seus coloquios, as súas charlas, palestras e películas sobre os máis diversos temas sempre foron motivo de comentario na cidade, e sempre sairon adiante non sen poucos problemas, como os ataques fascistas de hai un ano que a piques estiveron de queima-lo local, pero sempre souberon sair adiante, sendo lugar de aglutinamento de galeguistas, nacionalistas ou independentistas galegos na nosa cidade, e  sendo pioneiros en moitos temas culturais nesta Pontevedra que semellaba durmida na noite dos tempos, lideraron na nosa cidade o tema do rexeitamento ás touradas, da selección galega de fútbol, da defensa do monte fronte os ataques da Brilat e moitos máis temas de actulidade, hoxe suben un chanzo máis e inauguran un novo local, que polo que puiden ollar nestas fotos ten moi boa pinta, agardo que teña tamén bar/cafeteria/taberna para seguir compartindo de cando en vez unha birra con Andrés ou algún colega máis da bancada de norte de Pasarón.

O dito, parabéns á xente da Revira por este novo local, que o desfrutedes con saúde e sorte moitos anos, por alí nos pasaremos un dia destes.

¡¡ Saúde e terra !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 07 dec 2009 12:05 pm

¡¡ A por Goran Maric !!!

Moitos de vós supoño que non saberedes quén é Goran Maric e moito menos coñeceredes o escudo dabaixo, pertencente ao Norwich City, alcumados os canarios, equipo que milita na Football League Championship, que ven sendo a segunda división inglesa, tamén chamada Coca-Cola League, non fai falla explicacións ao respecto supoño, aqui tedes a nova saida na web de deportes da BBC.

Serbian striker Goran Maric leaves Norwich City

Norwich City

Norwich have confirmed that Serbian striker Goran Maric has left Carrow Road by mutual consent.

The 25-year-old former Celta Vigo and Barcelona forward signed a one-year deal with the Canaries in the summer after impressing on trial.

But he has made just one start and one substitute appearance this season.

Manager Paul Lambert told the club's website: "It's in Goran's best interests to move on and try to progress his career elsewhere."

Como dicia, Goran Maric está libre, ao meu parecer e ao de moitos granates, poderia ser un fantástico reforzo para a tan necesitada dianteira do Pontevedra C.F. e que poderia chegar no mercado invernal, hai tres ou catro dias que foi declarado transferible polo seu anterior equipo e agora está máis libre que un paxariño, polo tanto dende aqui, e con toda a humildade que me caracteriza, insto ao clube a facer (de novo) un pequeno esforzo e a traer a este dianteiro Serbio que militou no Barcelona B e no Celta de Vigo B, no que meteu unha chea de goles, despois do visto no partido de onte en Pasarón, e en moitos desta tempada, ben poderiamos darlle matarile a Iban Espadas e a Matias Saad e facernos cós servizos de Goran Maric, coido que seria unha magnífica fichaxe, non sei que opinará disto Pablo Alfaro.

Goran Maric coa camisola do Barça B, foto do Sport

Nos vindeiros dias saberemos algo máis, o clube polo de agora non dixo nada, pero nos foros hai dias que hai un ruxe-ruxe sobre o tema.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 06 dec 2009 12:23 pm

Abel Caballero, patriota galego

O ínclito alcalde de Vigo

... Que no tio, que Caixanova se la llevan de Vigo por encima de mi cadaver, me da igual que Caja Madrid se haga con Caixa Galicia a precio de saldo, aqui lo que priman son los intereses de mi ciudad por encima de los de Galicia, además para que queremos una caixa única, si los gallegos siempre fuimos cada uno por nuestro lado ...

Xente con este talante dirixen as nosas vilas e cidades, asi na puñeteira vida sairemos adiante os galegos e galegas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google