Primeiro foi incredulidade, logo decepción e posteriormente xenreira e noxo, noxo hacia unha certa caste de políticos que pensan que poden ir polo mundo asoballando a todos, falando con ese ton de desprezo e de superioriedade. Claramente estouvos a falar de Rosa Díez, unha "politica" de corte centralista, que aboga pola supresión das autonomias e promotora dunha língua común para todos, as súas declaracións de onte nun programa de televisión presentado por Iñaki Gabilondo foron toda unha declaración de intencións, UPyD, o partido ao cal representa esta señora, acadou perto de 27.000 votos nos últimos comicios galegos, e iso tennos que facer pensar.

null

Os galegos e galegas estamos por riba de calqueira comentario deste estilo, aludiria ao refraneiro popular dicindo que non hai máis desprezo que non dar aprezo, pero non podo, cousas como esta supéranme, comprobádeo vós mesmos aquí (arredor do minuto cinco).

E por certo, a reacción de Iñaki Gabilondo, non o deixa en demasiado bo lugar, en troques de reprende-la súa actitude claramente racista, tirou para adiante sen máis miramentos, señor Iñaki, ¿non será tamén vostede basco no sentido máis peyorativo da palabra verdade?, saiba vostede que acaba de perder un telespectador máis, pero iso xa o saberá a estas horas, non ten máis que leer o seu blogue no dia de hoxe, que mágoa, parece mentira que sexa vostede de esquerdas.

Con políticos coma estos non imos a ningures.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google