Cargando...

Monthly Archivemarzo 2010



Deportes 27 mar 2010 09:32 am

¡¡ I supported Wayne Rooney !!

Cecais un Barcelona-Manchester United poderia se-la final da Champions League deste ano, eu agardo que si, un enfrontamento directo entre dous dos máximos goleadores europeos e nun dos mellores escenários para facelo, o Santiago Bernabeu de Madrid. Leo Messi e Wayne Rooney xunto con Drogba son agora mesmo os máximos artilleiros europeos, todo un luxo para o calqueira afeccionado ao bo fútbol, e eu como siareiro incondicional do fútbol inglés agardo este choque con grande impaciencia, agora que tampouco están nin Real Madrid nin Chelsea para completa-lo que serian uns magníficos cuartos de final.

 Andrés, que teñas sorte, pero eu confio no bo facer do United, xa veremos quén é o mellor ao final dos 90 minutos..

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 19 mar 2010 10:44 am

Los limones – El canto de la sirena

Pouco resta para a primaveira, pouco resta para desfrutar do verán, do sol, das nosas magníficas praias, da cervexa cós colegas no chiringuito de Pragueira, da fase de ascenso có Pontevedra C.F., de tomarme unha cervexa e unas tapas no saudade có meu colega Andrés, de facer unhas churrascadas coa pandilla no camping de paxariñas, do postre e dos cubatas de Chivas para celebra-lo verán, o tempo de ir de manga curta, de chanclas e de deixar atrás dunha puta vez os paraugas e mailos chuvasqueiros. Contan os telexornais e as estatísticas que no noroeste do Estado temos os índices máis altos de suicidios, algo que xa é a primeira causa de morte non natural en España, ¿será polo tempo, polo mal tempo?, non sei, pero ¿a quén non lle gusta o verán? eu son o primeiro.

 

Adicado a min mesmo no dia do pai, o tema é El canto de la sirena dos ferroláns Los Limones, que o desfrutedes, por certo, este post tamén está adicado aos meus pais que están agora mesmo de vacacións en Salou (Catalunya), adicado no dia do pai ao meu pai en particular, bicos dende Pontevedra da vosa neta Sabela e o seus pais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 06 mar 2010 01:10 pm

Campaña “Choque ás 5″ do Pontevedra C.F.

O Pontevedra clube de fútbol enceta o final da tempada 09-10 cunha nova campaña enmarcada dentro do famoso slogan do Optimismo crónico, agora que acadamos uns cantos resultados positivos, e que xa semella que podemos tocar coa punta dos dedos o cuarto posto que danos dereito a desputa-lo play-off de ascenso, saen uns abonos para enganchar a Pasarón a aqueles afeccionados dubitativos có xogo dos granates, por desgraza, e non é cousa do noso clube senón de moitos, sempre hai afeccionados que se suben ao carro cando chegan as victorias, non como outros que estamos alí chova ou faga sol, xoguemos o play-off ou deamos lástima como nalgúns partidos dos cales prefiro non comentar nada, e nesta tempada tivemos uns cantos e contra equipos galegos, pero vamos, case mellor perder de paliza cun paisano que cun de fóra.

extraido de www.pontevedracf.com

Pois nada, como aqui estamos para botar sempre unha man ao noso equipo, meto esta publicidade de balde da campaña dos derradeiros cinco partidos desta tempada, a ver se máis xente se achega por Pasarón, que todos serán benvidos, tamén os que se apunten a última hora, non lles miraremos mal, que estén tranquilos, que aqui todos remamos no mesmo sentido, e ogallá poida levar á cativa a un partido da fase, coa súa bufandiña e a súa camisola granate.

O que xa non entendo moi ben é se quixeron dicir choque ás cinco (horario cotián dos partido) ou choque ás cinco (veña esa man home !!), porque neste último caso non levaria til o as, nese caso aqui se ofrece un servidor para botar unha  man coas campañas en galego, cousa que por outra parte aplaudo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google