Cargando...

Monthly Archivemaio 2010



Actualidade &Deportes 24 mai 2010 03:36 pm

Oviedo 1 – Pontevedra 2

O Pontevedra Clube de fútbol contra vento e marea venceu no estadio do Oviedo, non foron 30.000 afeccionados como prometian no inferno do Tartiere, se cadra uns cantos miles menos pero ruidosos, cun árbitro tendencioso e caseiro, con dous expulsados, con carreiras e porrazos á saída do encontro, inda así, con todo en contra, a marea granate estivo presente en terras astures e presenciou a vitória dos granates e a exhibición dun impresionante Igor de Souza.

O primeiro gol:

E o segundo, grandísimo Igor de Souza.

Agora a polo Alcorcón, as entradas á venda dende hoxe nas oficiñas do clube ao prezo da anterior eliminatoria.
¡¡ Hai que encher Pasarón o domingo, todos de granate !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 13 mai 2010 10:15 pm

A batalla de Pasarón

Poderia perfectamente se-lo titulo dunha película con trasfondo histórico e chea de extras, unha desas ás que son afeccionado, tamén poderia se-lo Bloody Sunday irlandés, quén sabe, pero este sábado a cidade de Pontevedra, polo que semella vai estar invadida polas hordas astures, por obra e gracia dos dirixentes do Pontevedra Clube de fútbol, nomeadamente os señores Nino Mirón e Fran Crujeiras.

¿Por que digo isto? pois basicamente porque non me parece de recibo, e xa van unhas cantas ocasións nas que se fai tal despropósito, que a afección rival saia beneficiada nos partidos que xogamos na casa, en canto a ubicación e horarios sobre todo, non entendo como se lles pode permitir que finalmente se fagan con ao redor de 4.000 entradas e ademais lles poñamos o partido un sábado pola tarde, cando aqui señores dirixentes, vostedes fixeron unha enquisa e resultou que tódolos socios e siareiros granates queremos o fútbol o domingo pola tarde ás cinco do serán. Como pode ser que as entradas se poñan á venda ás 12 da mañá do mércores, cando dende o domingo estamos clasificados, como pode ser que a presa e a última hora estexan encofrando con formigón o que vai ser unha bancada de preferencia ateigada de xente, como pode ser que esa bancada sexa inaugurada polos afeccionados foráneos na súa mellor ubicación, os asturianos arriba, ollando de puta madre o partido e os socios granates abaixo, soportando estoicamente o que lles poida vir darriba e ademais cós banquillos diante, limitando a visibilidade.

O mércores a última hora, cando me pasei polas dependencias administrativas do clube a recolle-lo meu suplemento de socio de Norte, unha empregada do mesmo, nomeadamente a reponsábel de relación có socio, comentábame, iso si, en perfecto galego, cousa que non deixou de sorprenderme, que a ubicación da hinchada ovetense fora imposta polo Comité de seguridade, que eles non podian facer nada, por favor, parénse un intre a pensar, ¿de verdade a algún responsábel policial se lle ocorre xuntar nunha mesma bancada a dúas afeccións rivais?, a calquiera persoa no seu sano xuizo non, ademais, non hai que ter demasiado coñecemento dos siareiros ovetenseses para saber que entre as súas peñas está symmachiarii, unha peña ultra que tamén se desprazará ata a nosa cidade, ¿terán xa unha ubicación para estes xente?

Agora o que importa é facer un bo partido e pasar á seguinte eliminatoria, logo haberá que pedirlle contas a estes dirixentes de pacotilla que dirixen o noso clube.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 07 mai 2010 03:02 pm

Cartaz da festa da língua 2010

Un ano máis, a xente da Asociación Cultural Revira de Pontevedra implícanse na defensa do noso idioma, un ano máis organizan a Festa da Língua o fin de semana do dia das letras galegas, desta volta a festa terá lugar o sábado 15 de maio e coma sempre contan cunha chea de actividades, nas que por suposto e ademais da música e da festa haberá contacontos para que os nosos cativos desfruten tamén no noso idioma, sen máis, aquí vos deixo o programa de actividades.

extraido de www.revira.org

Coma sempre adoitamos facer neste blogue, facemos un chamamento a toda a cidadania pontevedresa a acudir aos diversos actos que haberá co gallo do dia das letras galegas, tanto se son lúdicos e festivos coma reivindicativos, todos debemos comprometernos na loita e defensa do galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google