26 mai 2007 04:42 pm
Perfil e contacto có administrador
Nome: Breogain (alcume internáutico, tamén chamado nick)
Procedencia: Pontevedra -para os foráneos aquí e tamén aquí tedes algo máis de información-.
Definirme....ummm, pois non sei por onde comezar, pero poderia dicirvos que toda a vida fun unha persoa moi activa e incapaz de botar un dia tirado no sofá, sempre teño que estar facendo algo, ben sexa deporte, pasa-lo aspirador ou ir dar unha volta, pola semana có traballo non hai tempo para moitas festas, o tempo xusto para face-las cousas própias e habituais na casa e se cadra ve-la televisión un pouco, o fin de semana xa é outra cousa, saio máis ben pouco de xolda, pero gústame pasear e ver sitios novos, vivo en Pontevedra e máis ou menos coñezo bastante ben os arredores, tamén teño percorrido Galiza dabondo, pero inda estou por face-la viaxe arelada dende hai unha chea de anos, a de visitar Dublín ou Edimburgo, levo media vida pensando en viaxar a Éire (República de Irlanda) ou a Alba (Escocia), unha das miñas afeccións é a música e a cultura célticas, agardo visitar un ano destes o festival intercéltico de Lorient, e desfrutar daquela zona da que xa falaba Castelao no seu libro "As cruces de pedra na Bretaña", ao de Ortigueira xa teño ido moitas veces, a mediados dos noventa, cando eramos catro gatos, hoxendia a afluencia é de máis de cen mil persoas e xa é un agobio tremendo, daquela eramos uns dez ou quince mil como moito...
Os meus vicios; o ciclismo de montaña, a "Tennent's Stout" e a "Estrella Galicia", os domingos en Pasarón, os Tannahill Weavers, o chocolate, xogar ao "Pro evolution soccer" na play, os telexornais ao mediodia, a tortilla de patacas e o polbo á feira, sair de copas polo casco vello de Pontevedra, pasear pola praia, xogar con Musa e Noa (dúas cadelas de boxer), conducir e algunha cousa máis que supoño, se me quedará no tinteiro.
Non me gusta; ver a miña terra arder polos catro costados cada verán, xantar nun prato totalmente branco, o desorde, o peixe, o flamenco, o racismo e o feixismo, a xente que vai pola rúa tirando de todo ( hai papeleiraaas señoraaa !! ) que me falen en voz alta e coido que pouco máis.
Nacín en Pontevedra e levo toda a vida aqui, primeiro estudando e logo traballando, cousa que neste País é de agradecer, posto que inda que os nosos politicos falen de que a mocidade galega ten traballo na terra, o feito é que moita xente nova ten que sair fóra para gaña-lo pan, xa non a Suiza ou Alemaña coma antes, pero si ás illas Canarias, eu estiven vivindo nove meses fóra desta terra pero non foi exactamente por motivos laborais, hoxendia traballo en Pontevedra, vivo en Pontevedra e desfruto da miña cidade todo o que podo, xa sobrepasamo-los 80.000 habitantes e seguiremos medrando, sempre quixen vivir aqui, góstame este lugar e agardo poder axudar a melloralo, un dos motivos polos que decidin facer un blogue coma éste foi para contar cousas da miña cidade, o seu pasado, o seu presente e mailo seu futuro, cousas serias ou divertidas.
Benvidos.
"...Caste dos celtas, esperta axiña, ergue do fango da escravitude,
patria da ialma, teus ceives cantos, enchan o mundo de norte a sul,
cantai galegos, o hino xigante, dos povos ceives, dos povos grandes,
cantai galegos, a ideia santa, da independéncia da nosa Pátria..."
Contacta comigo en : breogain@hotmail.com ou deixando un comentario no recadro de abaixo.
chúzame -







o 2007-07-13 ás 11.54 am 1.Eddie Vedder dixo …
Felicidades polo teu blog Breogain, a verdade é que está moi
ben desenrolado e ten unha imaxe moi atractiva, sen esquecerse da cantidade e a calidade dos seus contidos. A verdade e q está moi ben.
Unha aperta!!!.
o 2007-07-13 ás 4.08 pm 2.breogain dixo …
jejeje, con tantas flores que me botas voume ruborizar, pero supoño que serán sentidas e de corazón, graciñas e unha aperta para ti, “fan dos Pearl Jam” :)
o 2007-08-06 ás 3.38 pm 3.veliky dixo …
moi profesional o teu blog breogain .noraboa
vemonos esta sábado na carballeira,
apertas.
o 2007-08-06 ás 4.10 pm 4.breogain dixo …
graciñas meu, o sábado alí estaremos para pasalo ben…
unha aperta
o 2008-08-05 ás 11.13 am 5.José Manuel Montero dixo …
Pareceme un blog moi desenrolado o teu enlazocho e invoteche a visitar o meu(pese a que non son de tendenza nacionalista/separatista, non te tomes a mal o comentario). Un saudo cordial.
Este e o meu blog:
http://www.porunarepublicajusta.blogspot.com
o 2008-08-05 ás 9.13 pm 6.breogain dixo …
Ola José Manuel
graciñas por pasarte polo meu blogue e deixar un comentario, eu a diferenza do teu blogue apenas falo de política, o meu nacionalismo é predominantemente “cultural” máis que político, pero cando hai que debater ou falar desta tamén se fala, faltaria máis. Xa lle estiven a botar unha ollada ao teu sitio e vexo que preferentemente falas diso, de política e actualidade ao redor dela, semella un blogue moi do estilo de Jorge Cubela e polo que puiden tamén constatar é noviño, apenas ten un par de meses, pois nada, a desfrutar disto do blogging.
E non me parece mal que non sexa nacionalista, para que está a democracia e a libre elección, cada un é como quere ser.
Un saúdo dende Pontevedra
o 2008-08-25 ás 4.26 am 7.gorinho dixo …
Eu sou Español e quero que os Galegos Falemos a nossa lingua sen Castelan como se fala o GALAICOPORTUGUES que é a nossa verdadeira lingua Eu sou Espanhol pero por riba de tudo Galego a minha Patria Espanha a Minha lingua o Galaicoportugues para ser Espanhol tenho que ser primeiro Galego
Viva Galiza ceive dentro de u-ma Espanha livre