10 Abr 2008 03:27 pm
Concertos Pontevedra 2008

(Galego) A seguinte páxina tenta ser unha especie de axenda dalgunhas actividades que se han desenrolar na nosa cidade e arredores de cara ao vindeiro verán, principalmente unha guia de concertos xa programados e dalgúns outros eventos que se irán engadindo có tempo a esta lista que podedes ollar a continuación, se tedes algunha información relevante que queirades aportar non deixedes de comentala aqui.
(Castelán) La siguiente página intenta ser una especie de agenda de algunas de las actividades que se desarrollarán en nuestra ciudad y alrededores de cara al próximo verano, principalmente una guia de conciertos ya programados y de algunos otros eventos que se irán añadiendo con el tiempo a esta lista que podeis ver a continuación, si teneis alguna información relevante que queráis aportar no dejeis de comentarla aqui.
AXENDA DE CONCERTOS
Verán Pontevedra 2008
18 e 19 de Abril - II Festival Jamda Chicharra (Recinto Feiral - Pontevedra)
29 de Maio - Lenny Kravitz (IFEVI Vigo)
7 de Xuño - Andrés Calamaro (Recinto Feiral - Pontevedra)
14 de Xuño - Arponeros (Ensanche - Vigo)
27 de Xuño - Bob Dylan (IFEVI Vigo)
12 de Xullo - Hombres G (Praza de Touros - Pontevedra)
23-26 de Xullo - Festival Jazz de Pontevedra (Praza da Ferreria - Pontevedra)
31 Xullo a 2 Agosto - Festival Vibrasons 08 (Praza do Teucro)
2 de Agosto - Chemical Brothers (IFEVI - Vigo)
9 de Agosto - Mägo de Oz (Praza da Ferreria - Pontevedra)
11 de Agosto - Mª Dolores Pradera (Praza da Ferreria - Pontevedra)
12 de Agosto - Dulce Pontes / Estrella Morente (Praza da Ferreria - Pontevedra)
13 de Agosto - Amaral (Explanada do Recinto Feiral - Pontevedra)
15 de Agosto - Pignoise (Praza da Ferrería - Pontevedra)
17 de Agosto - Emir Kusturica & No Smoking Orchestra (Vigo)
21 de Agosto - Chenoa (Combarro - Poio)
22 de Agosto - Rosendo (Combarro - Poio)
chuzame -








o 2008-04-15 ás 12.51 am 1.Vane dixo …
Alguen sabe que foi do grupo Freylehks?, gustariame ver a estes rapaces en concerto.Seica vale a pena.
o 2008-04-15 ás 1.08 am 2.breogain dixo …
Ola Vane…pois a verdade é que non teño nin idea de quén son nin de que estilo de música fan, non escoitei o seu nome nunca, por certo, se sabes dalgún concerto en Pontevedra e arredeores que non estexa aqui incluido non deixes de avisarme.
Graciñas pola visita, un saúdo
o 2008-05-30 ás 1.31 pm 3.Jose Maria dixo …
O mellor de todos xa pasou: foi o de Ivan Ferreiro no Pazo de Congresos o pasado venres. Foi IMPRESIONANTE….
que musico e que musicos,levaba 10 anos sen actuar en Pontevedra. Foi HISTORICO.
o 2008-05-30 ás 3.19 pm 4.breogain dixo …
non puiden ir porque rematara de chegar dunha viaxe pero xa me contaron que foi impresionante, un grande músico sen dúbida o que foi líder dos piratas, ten unha chea de boas cancións.
Un saúdo Jose María e graciñas pola visita
o 2008-06-08 ás 11.59 am 5.Zisa dixo …
Ola, alguén me pode dicir como se fai nun blog o de galeria de fotos? Esque eu tamen teño un blog é ainda non o sei manexar moi ben. Porfavor axudademe.
o 2008-06-08 ás 1.19 pm 6.breogain dixo …
Ola
Pois o primeiro que tes que facer é crear unha conta en www.flickr.com e segui-los pasos que alí che din, non é moi dificil posto que eu ao principio non controlaba moito de blogues e fun quén de facelo, tes que ir a modiño e ir seguindo os pasos que che van marcando, logo unha vez creada a galeria e subidas as fotos hai unha parte onde che explican como engadilo ao teu blogue de varias formas diferentes.
É somentes probar, non é dificil.
Un saúdo e graciñas por visita-lo meu blogue